Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a García Sabell. 1978

07/02/1978
Juan de GarayDomingo García-SabellRamón PiñeiroLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena Tormo
Compartir en


Buenos Aires, 7 de Febreiro de 1978

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Fai máis dun mes que chegamos a Buenos Aires, logo de un viaxe coa tensión moi outa, 24, e 39 de temperatura, producto, penso dunha gripe collida en Madride e que me tivo eibado uns dez dias en Buenos Aires. Foron pasando as semáns, e por preguiza, non escribín a ninguén, e agora tenciono poñerme ao dia. Con un dos primeiros, contigo, a quen teño moito que agradecer todo o que fixeches por mín, non soio con motivo da doenza de logo da operación, senón por a tua espléndida monografía que con moito door non poiden editar e que tiña matinado fose, na impresión, reproduciós, etc., a mais importante na sua presentación feita en Galicia. Serao no próximo viaxe noso. De todolos xeitos comencei a traballar rematando e completando algúns cadros feitos no 76, e facendo dous ou tres novos. Agora teño que comenzar unha serie de cen grabados adicados a Galicia pra un libro que se chamará así, Galicia, ou Galicia en grabados, ou non sei ben aínda que tídoo poñerlle, e que é un encárrego dunha editorial de eiquí. Tamén unha carpeta adicada ao fundador de Buenos Aires, D. Juan de Garay, con motivo do centenario, e que é outro encárrego. Mais este serán dez ou doce grabados. Esto aparte das miñas mostras de pintura. Cando cheguei tiña sobor da miña mesa unha invitación do Museo de Arte Moderno da Fondazione Pagani, de Milán, pra facer unha esposición en dito Museo. Non a contestei, eu estaba na Coruña. Respóndolle estos dias agradecéndolle a invitación, mais non aceptando. Síntome canso, e teño decidido traballar e espoñer soio eiquí e nesa. Pérdese moito tempo nesas mostras. Estas son as miñas noticias.
Supoño que continuarás traballando por Galicia no Senado. Eu non teño mais noticias de ahí que uns recortes de prensa que me remitíu Piñeiro. A prensa de eiquí soio fala dos rexímenes preautonómicos de Catalunya e Basconia. A Axencia Efe, tan chea de periodistas galegos, non transmite noticias de Galicia, ou moi contadas e referidas a custións pouco importantes e alleas aos problemas políticos. A uns amigos nosos, López de Gomara e a sua dona, dímoslles unha carta para ti. Aténdeos na medida que poidas, ou preséntalles algún compañeiro voso. Gostaríame trouxesen unha boa impresión de Santiago
Recibide Elena e tí unha grande aperta de Maruja e miña:

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    07/02/1978
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García-Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: