Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.
04/05/1961Manuel Puente
Bmé. Mitre 1263
BUENOS AIRES
Buenos Aires Mayo 4 de 1961
Señor Don
Luis TOBIO
Casilla Correo 149
MONTEVIDEO-URUGUAY
Meu querido Don Luis:
Recibín su carta del 18 de Abril e non puden contestar antes porque pasei uns dias muy aterefado –con varias cousas– presentación de liquidación de Réditos que debe compor un mesmo, e lios en outras actividades que me tiberon e teñen absorvido.-
Alégrome que arranxase con Barreiro a impresión.-
En canto o mapa creo que mellor seria facer intervir a Alvaro Gil que foi o que lle abonou o cartógrafo que os fixo, que e de Madrid, o por que tamén ten no seu poder unha suma de Pesetas –escriballe pois mañan sobre este asunto e espero que así poidamos ter a solución máis pronto.-
Respeto a composición en corpo 12/12, e certo que seria mellor pero debemos considerar si a obra non se encareceria demasiado, con todo o que hay que agregarlle, refírome o precio que vay a resultar para a venda que e o que me está preocupando, porque pola miña parte tamén me inclino o mellor– deixo enton que vostede resolva o que lle pareza.
Respecto a parte material, estóu disposto a constituir ahí un fondo de garantia, si elo e necesario, por todo o valor da obra, co fín de ir abonando a medida que avance o traballo, para esto e o arranxo do contrato irei a esa no transcurso da semana que ven.-
Afervoados saudos do seu amigo
Manuel Puente [sinatura autógrafa]
[nota manuscrita ao final da carta]:
Incluyo copia da carta a Alvaro Gil a que escribo oxe