Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.

04/05/1961
Álvaro Gil VarelaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Manuel Puente
Bmé. Mitre 1263
BUENOS AIRES
Buenos Aires Mayo 4 de 1961

Señor Don
Luis TOBIO
Casilla Correo 149
MONTEVIDEO-URUGUAY

Meu querido Don Luis:
Recibín su carta del 18 de Abril e non puden contestar antes porque pasei uns dias muy aterefado –con varias cousas– presentación de liquidación de Réditos que debe compor un mesmo, e lios en outras actividades que me tiberon e teñen absorvido.-
Alégrome que arranxase con Barreiro a impresión.-
En canto o mapa creo que mellor seria facer intervir a Alvaro Gil que foi o que lle abonou o cartógrafo que os fixo, que e de Madrid, o por que tamén ten no seu poder unha suma de Pesetas –escriballe pois mañan sobre este asunto e espero que así poidamos ter a solución máis pronto.-
Respeto a composición en corpo 12/12, e certo que seria mellor pero debemos considerar si a obra non se encareceria demasiado, con todo o que hay que agregarlle, refírome o precio que vay a resultar para a venda que e o que me está preocupando, porque pola miña parte tamén me inclino o mellor– deixo enton que vostede resolva o que lle pareza.
Respecto a parte material, estóu disposto a constituir ahí un fondo de garantia, si elo e necesario, por todo o valor da obra, co fín de ir abonando a medida que avance o traballo, para esto e o arranxo do contrato irei a esa no transcurso da semana que ven.-
Afervoados saudos do seu amigo
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita ao final da carta]:
Incluyo copia da carta a Alvaro Gil a que escribo oxe

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
  • Data:
    04/05/1961
  • De:
    Manuel Puente
  • Para:
    Lois Tobío Fernández
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e con membrete: MANUEL PUENTE. Remata cunha nota manuscrita].
  • Notas:
    O enderezo de Lois Tobío que se pon na carta é unha casilla de correos pero como sabemos o seu enderezo persoal nese ano vou poñelo en destino.
  • Termos clave: