Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.

13/04/1961
Xosé B. AbrairaFrancisco Fernández del RiegoRamón Otero PedrayoRodolfo PradaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Manuel Puente
Buenos Aires Abril 13 de 1961

Señor Dn.
Luis TOBIO
MONTEVIDEO (R. O.)

Meu estimado Don Luis:
Aprobeito o viaxe a esa do hirmán Abraira para contestar a sua de data 6 do Cte.-
Non recibín a visita de Barreiro, nin pola miña parte penso resolver nada, xa que deixei nas suas mans contratar con quen a vostede lle parezca mellor, sin ter somentes en conta algún pesos menos, sinón calidade de traballo e menos preocupacións; dos tres presopostos traídos por Prada paréceme que o mais convenente é o de Colombino, pero Ud resolva e dígame o que acorde como pago adelantado para mandarlle un cheque de ese Banco de Galicia.-
Don Ramón escribiume fai uns días por primeira vez desde a miña carta que Ud conoce, infórmame que está en correspondencia con Ud e nada mais; ahora eu creo que convendria lle escribir Ud sobre o que falamos –esto é– que Ud lle pida canto se lle debe a cada un dos que xa fixeron traballos incluso el, e que lle dea o presuposto dos outros traballos que faltan, para situar eu en Galicia os fondos necesarios para o cual conviria irlle escribindo a Fernandez del Riego según a sua idea, de que fora el o Administrador, aceptado por mín con moito gusto.-
Convén tamén non esquecer de repetirlle os da terra que cada un dos colaboradores debe renunciar os dereitos de autores ecétera.-
Alégrome moito que Ud. se dera conta da falta do capidoo da música popular galga e estou de completo acordó co seu pedido a Don Ramon.
En espera da suas noticias saudo moi afectuosamente,
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita escrita a lápiz, por Lois Tobío]:
Cont. 18-IV

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]