Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.

23/05/1961
Rodolfo PradaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Manuel Puente

Buenos Aires 23 de [maio] 61

Señor Dn.
Luis TOBIO
MONTEVIDEO

Meu estimado Don Luis:
Como ainda non recibín a carta que vostede me anunciou en esa, escríbolle para informalo e rogarlle que me envie copia, por consello de PRADA que me dixo que aguardara, porque a correspondencia de ahí acostumbra a tardar, non lle escribín antes.
Po lo mensaxeiro do Banco de Galicia mandeille copia da carta que lle entreguei o xerente, para que abonaran po la miña conta as facturas que co seu visto bó lle foran presentadas para os gastos da historia, espero que elo mereza a sua aprobación, e rógolle que de cada factura etc, pida copia e que ma envie para o meu goberno co a conta do Banco.-
Nada mais por hoxe,
Reciba unha aperta do seu amigo y S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita a lápiz por Lois Tobío]:
Cont 31 maio 1961 mandándolle copia do presuposto de Barreiro

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]