Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en

Manuel Puente
Buenos Aires Noviembre 16 de 1961

Señor Dn
Luis TOBIO
José Bto. Lamas 2941
MONTEVIDEO-Uruguay

Meu estimado Don Luis:
Contesto a sua estimada carta del 25/10 chegada con moito retardo.-
DEL RIEGO: Como entendin que primerio me iva escrebir vostede propondolle o plan que vostede resolvese, quedei a espera das suas noticias sobor da aceptación para facerlle chegar fondos que estan agora espallados en poder de Don Ramón-Alvaro Gil etc, de maneira que digame vostede si Del Riego aceptou o encárrego, si debo escribirlle.-
Don RAMON: fai tempo que non me escribe, cando estubo por eiquí Don Sebastián MARTINEZ RISCO encargueille falar con Don Ramón sobre dos capítuos que faltan para a historia e sobor de esto recibín o que lle transcribo que como verá non dí nada novo en que poidamos vasarnos, pero como confio na vontade de MARTINEZ RISCO para axudar no que poida pra historia escribireille sobor desto e igualmente o farei sobor o que vostede me indique.-
O MAPA GRANDE: o están facendo en Madrid coa intervención de "BEN CHOSEI", de maneira que como creo que irá pegado, seria bén que para non retrasar o traballo na encuadernación puxeran un papel doblado no lugar correspondente, para ser remplazado logo polo mapa, pois vai a tardar porque o cartógrafo estaba fora de Madrid este novo mapa vai costar 40.000 pesetas.-
NOME DA EDITORIAL: conven porlle "EDITORIAL NOS" BOS AIRES, pois témola registrada eiquí, conven que vaya co o mesmo tipo e caracteristicas tal cual está no libro "As Cruces de Pedra" que cordo que vostede ten un exemprar.
No copyright creo que pode ir o meu nome como vostede dí, e si e o caso de rexistralo ahí na propiedad literaria –fágame mandar a solicitú ou indíqueme como facelo.-
PAGOS: faga vostede os necesarios tanto a BARREIRO como os grabados, recurrindo a miña conta do Banco de Galicia.
Sin mais, os amigos retribúyenlle e agradacen os seus saudos, e con uha garimosa aperta quedo seu amigo,
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

P.D.- Fotografias levadas por Prada, creo que 106 –o que as facilitou precisas e está as recramando, rógolle devolvermas o antes que poida.- Vale

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]