Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en

Manuel Puente
Buenos Aires, Xaneiro 10 de 1962

Sr. Don
Luis TOBIO
MONTEVIDEO

Meu querido amigo:
Recibín onte a sua carta –22 Nadal con un retraso enorme.-
Aproveito a ida a esa do noso bon amigo Prada no dia de mañana para mandarlle o orixinal do traballo de X. Lorenzo referente:
OS PRODUCTOS DO MAR”, eu non teño copias das cuartelas feitas a máquina po lo que non podo saber o que corresponde os Nº. 66 a 68 –por eso lle envio todo o traballo– rougandolle o conserve porque me gusta gardalo.
Dentro de uns días lle mandarei copia das cartas que farei a Del Riego e Don Ramón.-
En canto a O Mapa Xeral de Galiza xa está pedido a Madrid e Ud verá si conven ou non agardar por el.-
Alégrome que a impresión estea tan adiantada, doume perfecta conta do enorme traballo que siñificou para vostede por en órden os orixinás e todo o demais de clichés etcétera; O desorden nos orixinás non foi por falta das nosas recomendacións, que chegamos a pedirlle se poxeran da cordo, na unificación do idioma etcétera, e de esperar que con la dirección de Del Riego os futuros traballos veñan como corresponde.-
O meu sobriño tróuxome a mayor parte das fotografías –cando non precise as poucas que quedaron ahí rógolle enviarmas para devolvelas.
Con moitos saudos dos amigos de aquí e con augurios de un bó ano 1962 –para vostede e familia reciba uha aperta do seu amigo e
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]