Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en

LUIS TOBIO
Montevideo, 8 de outubro de 1962

Sr. D. Manuel Puente
Bartolomé Mitre 1263
BUENOS AIRES

Meu querido Don Manuel:
Supoño que xa terá no seu poder o exemplar da Historia que lle mandei por Abraira. A edición está rematada. Compre tomar medidas prá sua distribución. Desexo que me confirme que se debe facer o prospecto de propaganda. Este debería ir acompañado dunha circular.
Os pagos que se teñen feito deica agora son os seguintes:
6 cuotas do presuposto base ………$ 105.000,00
Gastos modificacións, correccións $ 15.000,00
Láminas e grabados ....……………. $ 101.997,00
Dibuxo orixinal sobrecuberta … .............$ 499,10
A Cromograf por 3 clisés …………........$ 100, 00
$ 222.596,10

O que queda por pagar é:
4 cuotas de o presuposto base …… $ 70.000,00
Exceso da edición sobre o presuposto (29
Pregos máis, descontando o que corresponde
Ó aumento de c/ 10 a c/12 …….. $ 41.549,28

A elo hay que agregar o que se deba pagar a Xosé Suárez por 20 fotos que lle encarreguei e o de traballo de Pita (cousa que coido Ud. arranxará aí). E, además, o custe do papel, a IPUSA.
No Banco de Galicia dixéronme que na conta somente ficaban $ 13.000,00. Quedo á agarda das suas instruccións.
Tiven carta de Don Ramón. Está entusiasmado vendo rematada a edición. O exemprar que levoú (incompreto) Meilán, vírono Piñeiro, Lorenzo e outros. De Lorenzo tiven tamén carta. Será unha cousa de resoancia e trascendencia. “Un novo tempo na historiografía de Galiza”, di Don Ramón.
A edición (ocupa moito espacio) está depositada nos talleres de Barreiro. Ude. verá como se orgaíza a distribución.
Os materiás gráficos están, así como os literarios, no meu poder e á sua disposición. Espero instruccións pró seu envío.
Estóu satisfeito de como quedóu este traballo. É dunha alta categoría. O Prof. Krüguer díxome que lle tiña producido unha fonda impresión e que era unha cousa estupenda. Hjai que agradecer a Ude. que tan xurdia empresa poidera ter realidade. É grande a honra que coela se lle fai á Nosa Terra.
Agardo as suas novas. Unha cordial aperta.
[sen asinar]
P.S. Acompaño os xustificantes dos derradeiros pagos.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]