Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
28/04/1970PRESIDENTE
DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA
LA CORUÑA
––––––––––
A Cruña, 28 de abril do 1970
Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid
Meu distinto [¿?] e ademirado amigo:
Teño composto un libro encol de "El mundo de la fauna en la poesía gallega", tema do que me valín pra unha conferencia que o ano 1961 din na Universidade de Montevideo e á que vostede me fixo a honra de asistir. Recordo que ó remate dela ouvin de vostede a opinión de que o asunto parecíalle importante e axeitadamente enfocado. Pois ben, ise parecer seu e a consideración de que o devandito traballo non é senón o desenrolo daquela conferencia, móvenme a pedirlle me faga o favor de prologalo. A obra abranguería con elo interés e autoridade, i eu quedaríalle moi obrigado.
Si vostede acepta o meu pedido –decisión que, naturalmente, pode tomar con ausoluta libertade –faríalle chegar os orixinales do libro e dos índices.
Sei que coista encomenda atento contra o seu valioso tempo, mais as razóns denantes apuntadas faránlle ver que non se trata dun desexo infundado.
Cordialmente saúdao e reiterase seu afecto amigo e devoto ademirador
Sebastian Martínez Risco [sinatura autógrafa]
S/C Linares Rivas, 6 y 7 = 10º -