Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Puente a Álvaro Gil Varela, 1961.

04/05/1961
Álvaro Gil VarelaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Manuel Puente

Bmé. Mitre 1263
BUENOS AIRES
Buenos Aires Mayo 4 de 1961

Señor
Alvaro GIL VARELA
Felipe IV nº 9
MADRID-ESPAÑA

Meu estimado amigo:
Fai tempo que desexaba escribirlle pero os que andamos atarefados con tantas preocupacios a falta de vagar traiciona os nosos sentimentos.-
Escríbolle oxe po lo siguinte; A Historia de Galicia que vostede estará enterado me comprometín a facer imprentar, e que xa debia estar circulando, está recién nos seus comenzos, e será realidade po lo menos nos dous primeiros tomos, que é o único material que hasta agora enviaron da terra, e esto vai a ser posible gracias a o concurso de Don Luis TOBIO, que sabedor das dificultades en que eu me encontraba por falla de persoa que se habia comprometido a dirixir a impresión, se ofreceu a correr el con ese traballo –e polo tanto se está comenzando a imprimir en Montevideo,– e como o por en órden os materiales nos topamos en que se estraviou o mapa xeral de Galiza que foi feito xunto con os rexionales ou comarcales, por un cartógrafo de Madrid cuyo nome non sei, e como creo que vostede lle abonou mais ou menos 60.000 pesetas e saberá quen e –o molesto para rogarlle me faga o favor de encargarlle a confección de outro mapa xeral igual o anterior lle abone o que sexa e remita a brevedade posible directamente a don Luis TOBIO a MONTEVIDEO ou a mín.-
Díceme que os cartógrafos conservan detalles ou "maquetes" dos traballo que fan –si en este caso sucedera o mesmo ganariase moito tempo que en verdad ahora urxe.-
En espera de suas noticias reciba moi afectuosos saudos do seu amigo e,
S S S
[sen asinar]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
  • Data:
    04/05/1961
  • De:
    Manuel Puente
  • Para:
    Álvaro Gil Varela
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Madrid
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e con membrete: MANUEL PUENTE].
  • Termos clave: