Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

19 de marzo de 1982

Audición radial "Sempre en Galicia"
Montevideo

Estimados señores:
En resposta á sua carta do 17 de febreiro hei de comunicarlles que, na miña opinión, os resto do noso Castelao, se han ser trasladados a Galicia, deben repousar no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval de Santiago, no que tamén deberan ser recollidas as cinzas de outras figuras da nosa terra. A cidade que xurdeu arredor dun sartego misterioso que é o cerne e a raigaña da nosa tradición e do noso avencellamento á cultura de Europa debe seguir a recoller e gardar os dos homes que traballaron polo rexurdir de Galicia.
Coas mais cordiais lembranzas para esa audición, na que tiven a honra e o gozo de colaborar en tempos, envíalles unha estreita aperta
[sen asinar]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]