Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Rodolfo Prada, como secretario do Centro Gallego de Bos Aires, a Lois Tobío Fernández, 1940.

11/09/1940
CastelaoRodolfo PradaLois Tobío Fernández
Compartir en

El Secretario del Centro Gallego de Buenos Aires

(Rodolfo Prada) [sinatura autógrafa], sauda con moito agarimo o distinto compatricio D. Lois Tobio Fernandez e se folga de saber que se atopa preto de nós. Aproveita a oportunidade pra facerlle chegar a eispresión dos seus millores sentimentos e os desexos de benestar n-estas terras do Prata. Xa sabrá que témol-a dita de contar entre nós o noso esgrevio Castelao, que chegóu de New York fai dous meses, quén se ten lembrado moito de vosté con afervoado afeuto.

Bos Aires, Setembre 11 do 1940.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
  • Data:
    11/09/1940
  • De:
    Rodolfo Prada
  • Para:
    Lois Tobío Fernández
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada (saúda), con sinatura autógrafa e con membrete: EL SECRETARIO DEL CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES].
  • Termos clave:
  • Emisión:
    Centro Galego. Bos Aires