El Progreso. Diario de Lugo/ Teléfonos: Dirección-Gerencia-Admón: 212232/Redacción y Talleres: 211055/APARTADO DE CORREOS Nº 5/TELEX: 86509
Lugo, seis de maio do ano setenta
Señor don Luis Seoane, La Coruña
Meu querido amigo:
Hoxe recibín a invitación pra inauguración de Sargadelos. Aló penso de ire o domingo. Xa vos veréi e parlicaréi con vós. Hoxe [ven] no Progreso o programa de aitos da inauguración, e remítoche un número.
Que che coste que sinto moitas ansias de ver o mural do Marqués. É algo que me intresa por moitas razós.
A loza de Sargadelos fai por eiquí moi boa impresión. A loza no novo Sargadelos. E tamén os dibuxos. Penso que podedes conseguir un bon mercado drento e fora de Galicia.
Fai moitos anos que non vou por Sargadelos, e cuasemente non me lembro como é aquelo. Mais teño a impresión que me gustóu moito. Tampouco volvín por Cervo, inque paséi moitas veces por San Ciprián istes derradeiros anos...
E qué raro me parce que nos volvamos ver, á volta de tantos anos...
Unha perta i-as miñas agarimosas lembranzas á túa dona.
A. Fole
Xa sei que o amigo Dieste estaba moi ledo na cea dos académicos. Sentín moito non podere asistir.