Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Fole a Seoane. 1973

14/09/1973
Ánxel FolePablo PicassoRamón PiñeiroLuís Seoane
Compartir en


Lugo, catorce de setembro do 73

Señor don Luis Seoane. La Coruña

Meu querido amigo:

Souben por unha carta do amigo Piñeiro que habías adiantado o teu viaxe a Bos Aires. Tamén souben que foras homenaxeado na Cruña.
Por sabere o adiantamento do teu viaxe, fun hoxe á librería de Alonso. Habíamos quedado en que se inauguraran as novas estanzas c-unha eisposición de grabados teus, prós días do San Froilán, no cinco do mes de outono.
Mais dixéronme que adiantarían a inauguración de moi grado pró sábado vintedóus de iste mes de setembro. ¿Podrías vir ti cos grabados a Lugo o día vinteún, viernes? Teñen grande intrés en inaugurala cos teus grabados. Ou o mesmo día vintetrés, sábado pol-a mañá.
Mais penso que sería moi procedente a túa presencia o mesmo día da inauguración, sábado, vinte dóus. Prégoche que me respostes á volta de correo, pra dare tempo prá propaganda. Eu pensaba que non te marchabas hastra mediados do mes de outono.
Repito as gracias pol-o tan espléndido regalo do teu cadro, que xa é famoso en Lugo. Todos din que se parece moitísimo ós de Picasso. Boeno. Os meus agarimosos saúdos pra túa dona e unha forte aperta pra tí.
Pronto adicaremos unha Táboa Redonda a pintura galega, na base da Eisposición de Nove Pintores Galegos de fai us anos en Madrid.

Anxel Fole

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    14/09/1973
  • De:
    Ánxel Fole
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Lugo
  • Destino:
    A Coruña
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: