Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Fole. 1973

30/09/1973
Ánxel FoleLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en



A Coruña, 30 de setembro de 1973

Sres.
Anxel Fole y Sr. Alonso
Lugo

Estimados amigos:

Fai catro ou cinco días escribín no nome de Luis, que neste intre síntese imposibilitado de podere escribir, unha carta a Fole onde expricaba os motivos de non poder facer a exposición denantes das festas de San Froilán. Hoxe enviamos unha pequena nota que Luis me foi dictando pra se pubricar no catálogo que fagan, e, endemáis, eses catálogos de exposiciós feitas en Buenos Aires das que poden entresacar algúns párrafos que foron entreliñados por Luis, si lles parece ben. Tamén van entreliñados os Museos donde hai obras suas e endemáis unha lista de libros de dibuxos e álbumes pra engadir no catálogo, pois cavilamos que é convenente pra unha primeira mostra que fai nesa cidade. Os grabados salen pra esa mañán ou pasado, xa con marcos. Pregámoslles, téñanos ó tanto de como chegóu todo e de nos enviar algún dos catálogos que fagan. Mandamos tamén a lista con nomes, e, asimesmo os precios correspondentes.
Sen máis, agarimosos saúdos meus e un forte abrazo de Luis:

Maruja F. de Seoane


Falta a nota para se publicar no catálogo, á que fai referencia.
Nesta mesma carpeta hai outra carta nunha segunda folla adxunta (véxase páxina seguinte) e unha terceira folla cun dibuxo, probablemente o retrato de Anxel Fole (véxase, logo despois a seguir).

Querido amigo: [S/D]

Recibín a tua carta con moito retraso, pois estivemos en Asturias pra nos despedir de miña nai e meus irmáns. Mais eso do retraso non foi o peor, senón que vindo de volta cara a Cruña o 19 diste mes, tivemos un percance no automóvil, derrapamos nunha curva da estrada e paramos da outra beira, o caso foi que Maruxa sofríu algúns hematomas na faciana e uns pequenos cortes nun brazo i eu, con mais mala sorte, rompín a perna dreita perto do xionllo e un oso da moneca do mesmo lado que me imposibilita pra andare.
Sinto moito, pois, non asistir pra inauguración da mostra, pois teño pra, polo menos, trinta longos días mais do que levo. Mandámolos grabados à Librería Alonso cando estén listos os marcos e penso estarán ahí pras festas do San Froilán.
Sin mais unha forte aperta e lembranzas de Maruxa:

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    30/09/1973
  • De:
    Maruxa Seoane
  • Para:
    Ánxel Fole
  • Orixe:
    A Coruña
  • Destino:
    Lugo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: