Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
O profesor Lapa actúa de intermediario para unha investigadora que está a abordar a edición crítica do trovador Joan Servando, solicitándolle información a Piñeiro sobre unha serie de aspectos. Tamén lle solicita con "urgência" os nomes de quenes finalmente van a participar pola parte galega na "Semana Cultural Galego-Portuguesa."