Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
Lapa envíalle a Piñeiro o "Manifesto para a supervivencia da cultura galega", que aparecerá xunto ao manifesto "Em prol da integração ling¨´istica galego-portuguesa" na revista portuguesa "Seara Nova" de connotación pro-democráticas e anti-salazaristas.
Na carta o profesor Lapa denota as súas diferenzas sobor da normalización e normativización da lingua galega co intelectual galego.
Tamén aproveita a misiva para lembrarlle a Piñeiro que medie para a incorporación de Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e o propio Piñeiro á Associção Portuguesa de Escritores.