Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
Epístola dun evidente tono combativo no que Lapa expón dende a absoluta convicción as razóns do seu argumentario. Afirma que a realización das arelas reintegracionistas que na altura agroman na cultura galega da man de Craballo Calero ou Montero Santalla, é a realización dos desexos de "Murguía, Villar Ponte, Castelao, Vicente Risco, Viqueira, Correa, Calderón, Paz Andrade."
Tamén formula as súas conviccións iberistas a prol dunha federación peninsular onde galegos e portugueses representen un grupo lingüístico -cultural único que exerza presión dentro desa hipotética realidade socio-política.