Carta de Fernández de la Vega Celestino a Seoane. 1975
17/01/1975
Lugo, 17-I-75
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:
O seu tempo debido recibín o teu libro Arte Mural. La Ilustración. Moi agradecido polo envío e pola cordial adicatoria.
O texto leíno con moito interés polas noticias tan informativas que contén e polos xuicios tan sinceiros e xustos encol da túa propia obra. Vexo confirmado o que xa sabía: que perteneces a esa crase de artistas enteiramente conscientes dos seus propósitos.
Dada a importancia que ten o color na túa obra é unha pena que non se poida apreciar nas reproduciós.
Xustamente, pareceme moi atinado todo canto dis encol da importancia do color na arquitectura e no urbanismo e o seu desdén na época actual.
En canto a ese exconxuro do tempo polo estatismo, polo hieratismo, coido, efectivamente, que é unha das finalidades máis nobres e interesantes do arte plástico e, de certo, unha nota carauteristica, inconfundibel do teu estilo.
Coido que tamén é moi interesante no teu libro o catálogo de ilustracios e murales, pois ninguén como ti mesmo lle pode aforrar ós futuros críticos e biógrafos o enorme traballo de catalogación. Coido que, nise senso, bótase de menos, nas reproduciós a data correspondente.
Recibe unha forte aperta do teu amigo e ademirador
Celestino