PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Doutor Cadaval, 32, 4º

Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1976-02-02
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1976
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1976 en 02/02/1976

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO/ABOGADO/DR. CADAVAL, 32/TELÉFONO 213770/VIGO
2-febreiro-1976
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Son moitos os motivos de agradecimento que che debo por tantas cousas. Pero os producidos nos derradeiros días da tua estada en Galicia estiveron determinados, ademais, por unha fonda emoción. Non necesito decirche o que representaron pra min as tuas delicadas i espresivas probas de amistade. Tamén as breves palabras que me escribiche dende Buenos Aires, e que valoro en canto significan.
Onte chegoume, adicada, a carpeta de grabados Insectario. Trátase dunha verdadeira fermosura. Entre tantos e tantos espoñentes creadores como levas feito, penso que éste é un dos máis felices e orixináis. Agradézoche de corazón tan fino agasallo.
Moi garimosos saúdos a Maruxa, de Evelina pra os dous, e pra tí a forte aperta de sempre
Fdez del Riego