PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Policarpo Sanz, 21, 2º

Epístolas
3 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1975-01-24
Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1975.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1975. en 24/01/1975

POLICARPO SANZ, 21 - 2º TELEF. 21 18 15 - DIR. TELEFR. SIPSA

INDUSTRIAS PESQUERAS - REVISTA MARITIMA QUINCENAL
VIGO

Sr. Don
LUIS TOBIO
Bonetero, 5-2º
MADRID - 16 PA/fr.

24/1/75


Querido Lois:
Moitas gracias pol-a tua dilixencia na resposta. Supoño que o Asesor Xurídico a que te refires non e Meseguer, que está na Dirección general de Pesca Marítima. Conocino en Caracas, e hai poucos dias escribinlle co mesmo obxeto. Non tuven resposta ainda. De todas sortes si podes facer algo pra acelerara remisión dos papeles, ficaremos moi contentos. A confección do número está varada pol-o escollo das duas ponencias obxeto de tal extravio.
Hoxe estuven comendo aquí con Norberto Frontini, que pasou por Vigo rumbo a Cruña, pra estar con Seoane e Isaac Diaz Pardo. Penso que non volverá a recalar en Madrid, ainda que nos seus plans entra viaxar por Europa deica fins de Marzal.
Recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicioal amigo e compañeiro,

Fdo. V. Paz-Andrade [sinatura autógrafa]
Director.

1981-05-19
Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1981.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1981. en 19/05/1981

V. Paz Andrade
Abogado
––––––––––––
Policarpo Sanz, 22. Tº. 211562
Vigo

Vigo, 19 de mayo de 1981
Sr. D. Luís Tobío
Escritor
Bonetero, 5
MADRID-16

Querido Luis:
Conservo a dirección tua, que sin seguranza utilizo. Ogallá o Argos postal non teñan aínda perdido as vistas.
Estóu traballando n-un livro, Castelao na luz e na Sombra. Como estamos en risco de esmorecimento total os que fomos seus amigos, sin que despois de tantos anos ninguén lle metera o dente o unha verdadeira e completa biografía, botei as costas tan eisixente obriga. Levo redactados vinte e tantos capitulos, e ando no adicado as actuacións de Castelao no Uruguay.
Os nosos amigos de Montevideo, principalmente Meilán, brindaronme a sua axuda. Que non e tan completa como desexaran. Podias ti fornecerme algúns datos complementarios, senon son fundamentales? Por exemplo, os seguintes:
A) 05/12/1940 dá unha primeira conferencia, na Casa de Galicia. Sobre qué falóu? Quen fixo a presentación? Foi no local social ou en outro?.
B) O día 8 domingo, do mesmo mes, xantar ofrecido pol-a Casa de Galicia. No local social ou en outro? Quen falóu ofrecendo o acto? Falaron algúns mais, aparte o festexado?.
C) Entre o 5 e o 8 tuvo Castelao algunha actuación no Uruguay? En que hotel paróu en Montevideo?.
D) O 18 de abril de 1943, discurso no Estadio Centenario. Entre unha data e outra, non voltóu Castelao a Montevideo?. Despois do mitin celebróuse algún xantar aos oradores?.
E) O 15 de Nov. de 1944 constituiuse o Consello de Galicia en Montevideo, que xa funcionaba en Buenos Aires. Incorporaronselle algúns membros de residentes no Uruguay?.
F) Do 10 ao 25 de xunio de 1945, exposición das estampas que se editaron nos albums de Guerra. En que local. Falóu algún no acto?.
G) O 30 de junio de 1945 acto conmemorando a votación do Estatuto. Quen máis falóu? Onde foi celebrado?
H) Xantar do 10 de jul. de 1945. Quen falóu no ofrecimento ou nos brindis?
I) Calquera outro dato que deba ser lembrado das estancias de Castelao no Uruguay.
Supoño que na derradeira estancia de Castelao en Buenos Aires –1946-1950– non voltóu a Montevideo. Do livro de Palmás e o de Zubillaga, dispoño xa.
Perdóame ésta angueira, e recibe o meu afervoado agradecemento, con a mais forte aperta de
Valentín [sinatura autógrafa]

[Anotación manuscrita, a lápis na marxe superior esquerda:] Ollar na colección de "El Día" cousa doada pois teñénse as datas. Pode facelo Meilán, Couceiro ou Crestar. Ou algún dos rapaces novos da audic. S. en G ou do Patronato.

1981-05-30
Carta de Lois Tobío Fernández a Valentín Paz-Andrade, 1981.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Valentín Paz-Andrade, 1981. en 30/05/1981

Madrid 30 de maio de 1981
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Querido Valentín: Recibín a túa carta. O labor que andas a facer encol de Castelao é de grande importancia, necesario e urxente. Pero non é doado e cada ano que pase menos doado será. Animo e avante.
Por desgracia os dados que me pides, concretos, non poderei darchos. Inda que me lembrase de algún sería pouco fiabel porque a memoria engana. Así e todo, algo vouche poder decir.
G) O acto do 30 de xunio de 1945, pra conmemorar o noveno aniversario de Plebiscito celebrouse no ateneo de Montevideo. A revista de Bos Aires "A Nosa Terra" publicóu o texto íntegro do discurso de Castelao nese acto. Teño un exemplar da folla (suplemento) do que che podo mandar fotocopia. Non sei se falaron outros no dito acto.
E) En maio de 1944 foi Castelao a Montevideo e quixo falar conmigo verbo da instalación do Consello de Galicia. Eu dinlle algunhas ideas sobre a forma xuridica que se lle podía dar. Pideume que lle mandara por escrito esas suxerencias. Fíxeno. A eso se refire a carta da que che adxunto fotocopia. O Consello constituirase logo en Bos Aires. En Montevideo nomeouse un representante que seique foi Canabal (non estou seguro). O Consello, como sabes, estaba integrado polos diputados galegos do eisilio. En Montevideo non había ningún. [nota manuscrita a lápis:] (Si estaba Somoza)
Polo demais, pra precisar esas datas e feitos a que ti aludes o mellor e máis seguro é ir á colección do xornal "El Día" que recollía con todo detalle canto se referise a estas cousas. Calquer dos nosos amigos de Montevideo pode facelo (algún dos rapaces que colaboran na audición "Sempre en Galicia"). O traballo non ten maior dificultade abonda revisar os números das datas en cuestión e inmediatamente seguintes.
A Casa de Galicia de Montevideo tirou en xulio de 1941 un número extraordinario pra que eu recollín materiais e que eu armei. Castelao mandoume un artigo "No día de Galiza. Un anaco do libro inédito Verbas de Chumbo que algún día será publicado". Teño un exemplar.
Velaí che mando tamén unha foto tomada cando chegaron de Bos Aires os oradores que viñeron participar no acto do estadio de Montevideo en 1943. Castelao aparez na segunda fía con chapeu.
Esto é todo o que che podo decir. Non é moito. Coido, emporiso, que na prensa montevideana pódense recadar todos os dados que ti ques e outros máis aínda.

Unha estreita aperta do teu vello amigo

[sen asinar: Lois Tobío]