PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Mercedes, 973

Epístolas
3 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1982-02-17
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1982.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1982. en 17/02/1982

SEMPRE EN GALICIA
AUDICION RADIAL
MERCEDES 973
MONTEVIDEO - URUGUAY

Montevideo, febreiro 17 de 1.982

Señor Don:
Luís Tobío Fernández
Luís Bonetero, 5
MADRID (16)
España.-

Da nosa estimanza:
"SEMPRE EN GALICIA", ven de recibir e dar os seus ouvintes a inquedanza e opinión do escritor coruñés Don Xosé Mª. Monterroso, sobor onde debe repousar o corpo de Alfonso R. Castelao cando sexa trasladado a Galicia.-
Coidamos que é un tema de moita importancia, polo que resolvemos recollar a opinión de distintos intelectuales, persoeiros de entidades galegas e –quenes foron correlixionarios e amigos do Guieiro inesquencible, pra espallalas nas audiciós de marzal e avril vindeiros.-
A nosa pergunta é:
O CORPO DE CASTELAO, ¿ONDE DEBE REPOUSAR?: NO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES DE SANTO DOMINGO DE BONAVAL, EN RIANZO, SEU POBO NATAL, OU ...........?
Agradecémoslle dende xá a sua resposta e saúdamolo có noso meirande aprecio,

por: SEMPRE EN GALICIA
Manoel Meilán [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita de despedida:] Agarimosas apertas dos dous, pros dous
Meilán [sinatura autógrafa]

1982-03-19
Carta de Lois Tobío Fernández aos encargados da Audición Radial "Sempre en Galicia" de Montevideo, 1982.
Madrid
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández aos encargados da Audición Radial "Sempre en Galicia" de Montevideo, 1982. en 19/03/1982

19 de marzo de 1982

Audición radial "Sempre en Galicia"
Montevideo

Estimados señores:
En resposta á sua carta do 17 de febreiro hei de comunicarlles que, na miña opinión, os resto do noso Castelao, se han ser trasladados a Galicia, deben repousar no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval de Santiago, no que tamén deberan ser recollidas as cinzas de outras figuras da nosa terra. A cidade que xurdeu arredor dun sartego misterioso que é o cerne e a raigaña da nosa tradición e do noso avencellamento á cultura de Europa debe seguir a recoller e gardar os dos homes que traballaron polo rexurdir de Galicia.
Coas mais cordiais lembranzas para esa audición, na que tiven a honra e o gozo de colaborar en tempos, envíalles unha estreita aperta
[sen asinar]

1985-08-31
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1985.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1985. en 31/08/1985

Montevideo, agosto 31 do 1985

Sr. D.
Luis Tobío:
Madrid

Benquerido amigo.
Unhas liñas para lle dar a tristeira noticia do pasamento do noso común amigo Xesús Canabal ocurrido o xoves 29 dun paro cardiaco namentras durmia. Tiña 88 anos, pero moi ben de físico e de mente. Voltara desa o sabado 24. Fora a recibir a medalla Castelao que lle otorgou a Xunta -
Foixenos, xusto cando "Sempre en Galicia" (outra das suas preocupacións) cumpre o día 3 de setembre trinta e cinco anos. Daquel fato de bos e xenerosos somentes sobrevivimos voste e mais eu - No persoal vou "remando" son 81 xa cumpridos en xulio - Alegrareime que voste este como eu e, si elo e asi, e ten gañas, agradeceríalle un saudo pra este aniversario que cumprimos sempre recordando aquel 2 de setembre de 1950, cando gravamos a permeira audición ¿Recorda?
Ren mais. [?] Saudos de Chela e meus pr'a sua dona e vosté
Unha forte aperta
Meilán [sinatura autógrafa]