PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Venezuela, 452, 4º

Epístolas
2 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1965-05-28
Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1965.
Bos Aires
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1965. en 28/05/1965

Buenos Aires 28-5-65

Querido Tobío:
Eu saio o día 12 do mes que ven no "Monte Udala" que chegará a Vigo arredor das festas de San Pedro (coido que son o 28 de xunio). O barco é de Aznar e o seu axente é Fernando Conde y Cia. Plaza de Compostela 1. Alí saberán se hai atraso ou adianto.
Fixen a xestión que me encomendaches no Centro Galego e xa diron orde a Paco Del Riego que che entregase os cartos.
Este primeiro viaxe de esproración fágoo soio. Mariví fica eiquí atendendo as cousas comerciaes.
Levo unha chea de cousas pra facer no que toca a literatura, xestións económicas miñas e da familia, e como non teño mais que tres meses entre permañencia e viaxe, hei axustar ben as labouras. En Madrí, precisamente, está pendente o asunto de responsabilidades políticas do meu sogro e, con el a entrega de unha cantidade de pesetas que os tíos de Mariví teñen retidas. Confío en que me poidas ourentar.
Vou parar na casa de meu irmán José Manuel. Augusto G. Besada 6. Pontevedra. Podes escribirme alí.
Unha forte aperta pra todos vós
[Ramón Valenzuela, sinatura autógrafa]

[nota manuscrita:] En Madrí estarei na casa da miña irmá Rafael Calvo 11

1966-01-22
Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1966.
Bos Aires
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1966. en 22/01/1966

RAMÓN DE VALENZUELA OTERO
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
VENEZUELA 452 - 4º - 21
T.E. 30 - 7694
BUENOS AIRES

22 de xaneiro de 1966

Querido Lois:
Desque cheguei estou estudando o programa das oposicións a cátedra de Xeografía e Historia de Institutos.
Mandoumo Alonso Montero e comencei a traballar nel a todo canto podo dar. Nin son compricados nin difíciles, pero son 166 temas que necesariamente compre saber, porque dous dos cinco exercicios son sorte.
As oposición son arredor de xunio, pero non sei xusto cando, cousa que ben me compría pra axeitar o tempo.
Se non aprobo, cousa moi posibel, verei, tamen, de me quedar ahí, a ser factibel traballando nun colexio privado e donde non aproveitando a miña esperiencia de comerciante.
Co que levo estudado, e calculando o tempo que falla, penso que pra xunio tereille dada unha volta a todolos temas, ainda que non sei se na intensidade e, sobor de todo, na direición que se precisaría.
O caso é que, sexa como sexa, non nos parece que teña ningun sentido o prolongar a nosa vida eiquí.
Fernando ficará en Europa perante 5 anos mais, que pode prolongar a 7. José Ramón comenzou un traballo de corredor dunha casa de eleitricidade e toma os estudos de esguello, cousa que poderá facer en calquera sitio a onde vaya ..... e os feitos de Sudamérica "no andan de buena guisa".
As cousas da nosa coleitividade siguen coma sempre. Variación sobre o mesmo tema. Os "petrucios" quitaron un periódico que dirixe un fillo de Perfecto López. Polo de agora ainda non se meteron con ninguén. Siguen todos soñando nos cartos de Puente, pero resulta que tamen Puente soña no mesmo, nos seus cartos e, soño vai, soño ven, pasan a vida soñando. Cando espertan, ven que Puente tamén está esperto porque él, pra soñar con cartos non precisara durmir.
Os do Consello celebran xuntanzas cada tres meses ou denantes se morre algun dos compoñentes. Teñen previsto que farán xuntanza de urxencia en caso de que caia o goberno ainda sen previo aviso. Conqueriron que a Municipalidad de Buenos Aires lles dira un posto na comisión do moimento a Castelao, o cal é de decisiva importancia pra o futuro de Galiza, pois con esa representación o Consello medrou aos ollos do diputado Parraviccini de UCRI, de Belnnicoff de UCRP e mais do concellal Romanini de Udelpa.
E nos, coma decote, pola Federación, facendo o que se pode, que non é moito.
Unha forte aperta pra María del Carmen, Constanza e Miguel e ti recibe outro moi forte

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]