PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Linares Rivas, 6-7, 10º

Epístolas
3 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1970-04-28
Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
A Coruña
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970. en 28/04/1970

PRESIDENTE
DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA
LA CORUÑA
––––––––––

A Cruña, 28 de abril do 1970

Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid
Meu distinto [¿?] e ademirado amigo:
Teño composto un libro encol de "El mundo de la fauna en la poesía gallega", tema do que me valín pra unha conferencia que o ano 1961 din na Universidade de Montevideo e á que vostede me fixo a honra de asistir. Recordo que ó remate dela ouvin de vostede a opinión de que o asunto parecíalle importante e axeitadamente enfocado. Pois ben, ise parecer seu e a consideración de que o devandito traballo non é senón o desenrolo daquela conferencia, móvenme a pedirlle me faga o favor de prologalo. A obra abranguería con elo interés e autoridade, i eu quedaríalle moi obrigado.
Si vostede acepta o meu pedido –decisión que, naturalmente, pode tomar con ausoluta libertade –faríalle chegar os orixinales do libro e dos índices.
Sei que coista encomenda atento contra o seu valioso tempo, mais as razóns denantes apuntadas faránlle ver que non se trata dun desexo infundado.
Cordialmente saúdao e reiterase seu afecto amigo e devoto ademirador
Sebastian Martínez Risco [sinatura autógrafa]

S/C Linares Rivas, 6 y 7 = 10º -

1970-06-01
Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
A Coruña
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970. en 01/06/1970

PRESIDENTE
DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA
LA CORUÑA
––––––––––

A Cruña, 1 - xunio - 1970

Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid
Meu querido e ademirado amigo:
Un erro na direición deu lugar a que non chegase ás súas mans a carta que novamente lle envío, coido que agora correitamente dirixida. Nela consúltolle sobor si me faría vostede a honra e o favor de prologar un meu libro. Ratifícalle a proposta e o rogo, e quedo en enviarlle o orixinal, si vostede me comprace, á vista do cual pode vostede, naturalmente, teimar ou non un asentimento que en principio poda darme.
Co millor afecto saúdao seu afecto amigo e devoto ademirador

Sebastian Martínez Risco [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita a lapis na esquina superior dereita]: Aceitado sí 08.6.70

1970-10-05
Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
A Coruña
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970. en 05/10/1970

5 outubro 1970.

Sr. D. Luis Tobío Fernández.

Meu estimado amigo e paisán:
No corrente mes de outubro, cómprese o cincuentenario do primeiro número da revista NOS, pubricación puramente literaria, escrita toda en lingoa galega, que foi unha bandeira de cultura enxebre e estivo mantida polos máis nobre e outros ideaes. A Real Academia Gallega, que procura estar sempre atenta aos latexos do país e aos seus aconteceres históricos, pensa que a data é merescente de que se conmemore, facendo un recordo dos fundadores e daqueles que so seu esforzo poideron levar adiante a boa obra como colaboradores da mesma.
Asín, contándose vostede antre éstos, prégolle teña a ben honrarnos enviando duas coartelas, a un espazo, co texto que estime axeitado a aquela conmemoración que non debe quedar esquecida polos bos galegos, remitíndoas o máis axiña posibre.
Vaia por adiantado a nosa máis fonda gratitude.
De vostede amigo e paisán
Sebastián Martínez-Risco. [sinatura autógrafa]
Presidente.