1 MENCIóNS A Waldo Álvarez Ínsua (1858-1938)
Xornalista galego, foi un dos máis significados representantes do rexionalismo na emigración a Cuba, onde residiu entre 1877 e 1898 e fundou o xornal El Eco de Galicia (1883). Unha vez retornado a Galicia, pertenceu á Cova Céltica e chegou a presidir a Liga Gallega da Coruña. Álvarez Ínsua deu varios testemuños da amizade que o vinculan ao matrimonio Murguía-Castro. Por mediación de Ángel Baltar, alcalde de Padrón, e Secundino García (que lle fixeron chegar un telegrama informándoo dos problemas económicos e de saúde de Rosalía de Castro), Álvarez Ínsua mobilizou o Centro Galego da Habana co propósito de recadar fondos a beneficio da escritora (Barreiro, p. 220). O intercambio epistolar entre Álvarez Ínsua e Murguía documenta asemade o apoio recibido polo escritor logo da polémica acollida do seu libro Los precursores, así como o financiamento do Centro para os proxectos historiográficos de Murguía. Tamén é nunha carta de Murguía a Álvarez Ínsua onde o home da autora dá por primeira vez noticia da súa vontade de que os seus orixinais sexan queimados á súa morte (Barreiro, p. 447).Fontes
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Mencionado/a [1]
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
1973-11-11 | Mencionado/a | Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973 |
A Habana | A Coruña |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973 en 11/11/1973
|