Epistolario de Ricardo Carballo Calero

----

Maruxa Seoane

Coñecida como Maruxa Seoane, era filla de Teresa López Mosquera, tía Luís Seoane. Ingresou no Partido Galeguista o 13 de xullo de 1935. Casou con Luís Seoane por poderes e finalmente tivo que exiliarse á Arxentina con el. Embarcou cara a Bos Aires o 1 de marzo de 1937 e voltou por primeira vez a Galicia en 1963. No ano 1966 viaxa con Seoane a México para atoparse con galeguistas. Regresa definitivamente a Galicia en 1979.
1 Destinatario/a [339]
Mencionado/a [1177]
Remitente [2]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-03-09 Mencionado/a
Carta de Carballo Calero a Seoane (1972)
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Seoane (1972) en 09/03/1972

Instituto Nacional de Enseñanza Media “Rosalía de Castro”/ Profesorado/ Santiago de Compostela]


9 marzo 1972

Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Recibín a túa carta de felicitación con motivo das oposicións derradeiramente celebradas para cubrir en propiedade a cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago.
O amigo Piñeiro, coa súa admirable dilixencia, fixo chegar a nova aos catro puntos cardináis, segundo resulta das mensaxes que me veñen todos os días.
Realmente, a noticia é importante, pero non polo feito episódico de ter sido eu o protagonista cáxeque involuntario dos feitos, senón porque Galicia necesitaba e reclamaba desde hai tempo que se proveera esa cátedra. Eu pouco máis poderéi facer do que xa viña facendo. Intentaréi, como traballo inmediato, completar a miña Historia da Literatura Galega Contemporánea. Polo de agora, nin xiquera toméi posesión do cárrego, pendente de trámites administrativos.
A miña dona agradez moito os teus saúdos. De nós dous recibídeos moi cariñosas a túa dona e ti. E máis unha aperta moi forte do teu vello amigo.

R. Carballo