PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A Miguel García Anceráns

Presidente da Irmandade Galega de Bos Aires.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1954-05-12 Mencionado/a
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1954
Bos Aires
Vigo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1954 en 12/05/1954

Buenos Aires, 12 de mayo de 1954
Sr. D.
Francisco Fernández Del Riego
Vigo
Querido Del Riego:

Un amigo meu e ben amigo de todos nós, Miguel García Anceráns, vai pra isa, e irá por uns meses. Chegará a Vigo cando tí estés cuasi nas vísperas do teu viaxe.
Quixera que tí estiveses con él e lle presentases aos amigos comús. Pra mín é unha das persoas de ista cibdade que mais merecen a nosa estima. E coma nós, pensa coma nós. Outros nas suas condiciós deixáronse levar por unha corrupción espritoal que lles fixeron esquecer os orixes. García Anceráns non, mantense sensíbel pras nosas cousas e pra todo aquelo que leva o nome de galego. Poucos eisisten nista coma íl, tan autenticamente fillo da sua laboura e achegado pra sempre á terra. E, no seo do seu fogar, non desminte a galeguidade, que leva no corazón e nos beizos coma no caso de poucos. E un home íntegro e cursidoso de canto facemos os que nos dedicamos a labouras pouco calificadas entre os emigrantes dista cibdade. E un home mais ben silenzoso, de poucas verbas, mais as que dí son medidas e xustas. Gustaríame que García Anceráns coñecese persoalmente aos nosos, moitos dos cales coñece xa pol-a súa obra.
Recibe pra túa dona e pra tí da miña e de mín un saúdo agarimoso e a forte aperta de:

Seoane