PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A Nuño Gonçalves

Nuno Gonçalves ou Nuño Gonçalves naceu no século XV en Portugal. Foi un pintor, pertencente á última fase do gótico, estilo flamenco, tamén coñecido como prerrenacimiento.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1960-02-19 Mencionado/a
Carta de Seoane a García Sabell. 1960
Basilea
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a García Sabell. 1960 en 19/02/1960

Basilea, 19 de Febrero de 1960

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela

Meu querido amigo:

Supoño terás recibido dende Lisboa os meus derradeiros libros, El Irlandés astrólogo e As Cicatrices. Alí estíven catro días de paso pra Suiza pra poder ver con vagar o políptico, que xa coñecía, de Nuño Gonçalves, e os doce apóstoles de Zurbarán, os dous grandes extremeños, ben xunguidos o segundo ao primeiro aínda que non se tivesen falado delo. E dende fai vinte días a nosa vida discurre entre Basilea a Zurich, preocupado pol-as exposiciós miñas que terán de facerse nesta primeira cibdade e Berna, e de museo en museo, que son, nestas duas cibdades, notábels.

Non escribín dende Buenos Aires por unha folga de correos que duróu un mes. E alá deixei pra enviar ao meu regreso unha grande carpeta de grabados en madeira, pra tí, Piñeiro e Del Riego, que pol-o seu peso, viña carregado de cadros, non poiden traguer conmigo. As miñas cousas van eiquí moi ben. Gosta moito a miña pintura y (sic) estou contento. Gostaríame saber de todos vos, ao millor é posíbel que nos vexamos. Teño verdadeiras ganas de que ísto fose posíbel. Mándame algunha noticia. Estaremos eiquí hasta fin de mes. Hoxe tamén escribo a Del Riego. Non sei ren de Galicia dende fai mais de dous meses.
Saúdos de Maruxa e meus pra Elena e pra tí, saúdos pros amigos comúns, e ti recibe unha aperta forte de:

Seoane.