PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [2]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1965-05-30 Mencionado/a
Carta de Antón Crestar a Lois Tobío Fernández, 1965.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Antón Crestar a Lois Tobío Fernández, 1965. en 30/05/1965

Montevideo, 30 de maio de 1965.
Dr. Luis Tobío
Madrid

Ben querido Tobío: Recibín a súa do 19 do cte. e de contado intereseime polos seus problemas, falei con Yolanda, que e a encarregada da correspondencia, e ditoume nun anaco a resposta miña carta foi posta no correio do 28 a que supoño xa recibirías, de todo isto dou fé pois as fotocopias fíxenas eu.
Respeito o seu inquilino, sigue sendo moi mal pagador. está sempre en xurídica, pero tómeo con calma pois igual me pasa a mín, eu teño un inquilino que paga cada 3 ou 4 meses e non podo botalo fora, a lei protéxeo, e sen mais.
Pra vender, o momento e malo a deprezación do peso e catastrófica, ista semán chegou a cotizarse a 54 pesos por dollar!! Dahí pra diante, pense calquera cousa.
O que felizmente parece sere que estamos a salvo e dun golpe militar. Sei de boa fonte que días pasados houbo unha xuntanza de xefes do exército e da armada e todos repudiaron o golpe por unanimidade resolveron mais salvar os malos políticos que nos tocaron en sorte. Pois dar un golpe de estado e dentro d'un ano chamar a elecciós e aparecerán os mesmos como salvadores da democracia e da patria e o desprestixio será pras forzas armadas.
Respeito o escándalo financeiro parece sere que o xefe de Policía, que e un Coronel Ventura Rodriguez está disposto a seguir ás investigaciós ata o final, Deus o oia!
O día 27 embarcou Canabal, Xesús pra un viaxe que finará na Terra, iba a Bos Aires, Nova York, México, Francia e Galiza, tal vez teña oportunidade de velo por ahí
Si vai a Terra e pasa por Santiago, recoméndolles visite a unha curmán miña que vive ahí fai moitos anos. das nosas, moi vinculada a D. Ramón Piñeiro, Isla Couto etc. etc.
Agradounos moito isa apreciación que fai na súa carta e que lle mostrei os amigos.
E sen mais por hoxe. Saudos de Villaverde, Meilán, Couceiro, Yolanda e de xeito eispecial pra súa dona e fillos dos meus e vostede reciba forte aperta do seu amigo que queda sempre as súas ordes sen cumprido de ningún xeito.

A. Crestar [sinatura autógrafa]

1975-07-15 Mencionado/a
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975. en 15/07/1975

Montevideo, xulio 15 do 1975

Siñor;
Luís Tobío Fernández
MADRID.-

Ben querido Tobío:
O día 3 do vindeiro setembro, SEMPRE EN GALICIA, cumprirá VINTECINCO ANOS.- Vai en maiúscula porque, cando a fundamos, lexos estivemos de imaxinar que chegaríamos a eles.- Pero, somentes coa lamentabel ausencia de Somoza, os demáis, estamos todiños; máis vellos no físico, nonna mente, que sempre está como nos mellores tempos xuveniles .... Boeno, vamos o motivo desta que non é outro que o de pedírlle que nos faga o editorial pro domingo 7 de setembro.- Todos nós senteriamos moi ledos si vosté, como non dudebamos fará, remexanos a colaboración que lle pedimos.-
Eu escribinlle a Villaverde pra que o vira e lle pedira isas verbas gravadas na sua voz.- Como nin me contestóu, supoño que nono fixo, dahí esta carta.- Si o Villaverde, cumpríu, millor; senon, ista carta ten vixencia.-
Dos probremas deste país, xa o supoño enteirado.- Vamos tirando, pero sin aquela maneira de vivir deste pobo, co facía felíz.- As condicións económicas están cuasi totalmente deterioradas, como lle dín agora.- E no político, fixeron un réximen militar-civil, que vai tirando con unha férrea represión e unha censura endexamais tida nesta Nación de Don Xosé Batlle y Ordoñez.- Pra darlle unha idea direille que somentes se pubrican catro xornaes: "El País".- "La Mañana".- "El Diario", oficialistas e "El Día", que fai o que pode pra que nono suspendan, como xa o fixeron.- Fora deste, nun tono moi suaviciño, polo dito, os outros, merda.-
Eí parez cas cousas tamén non eran tan estabeles como pensaban os trunfadores de fai casi coarenta anos.- E que a libertade de pensamento e vida, endexamáis morre.-
Co auspicio do Patronato da Cultura Galega daquí estase por poñer o busto de Castelao no seu Rianxo natal.- O busto xa esta na casa paterna, donde naceu o Guieiro.- E o que fixeron entre vosté i Escudero, que lamentablemente remata de morrer na Cruña, sin co destiño lle permitise estar presente na colocación.- Daquí pensan ir Canabal, Pereira, Yolanda e quizáes algún outro.- De Bós Aires, tamén unha delegación do Centro Galego, que irá presidida polo titular.- Todo esto e proieito, pois parez que afloran algunhas dificultades; vosté xa me entende.- Alá veremos, pois pensabase facelo en setembro.-
Ren máis, saúdos a sua dona e fillo, que xa estará feito un mozo e tiduado, maxínome.- Vosté, cos saudos de todolos amigos da audición –Couceiro, Yolanda, Pereira–, reciba unha amical aperta de
Meilan [sinatura autógrafa]