PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1961-01-12 Mencionado/a
Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961. en 12/01/1961

Manuel Puente
Buenos Aires Enero 12 de 1961
Señor Don
Luis TOBIO
MONTEVIDEO (URUGUAY)

Meu muy estimado amigo:
En primeiro vayan os meus desexos de un feliz aninovo para vostede e a sua familia, e agora refírome a copia da carta a Don Ramón OTERO PEDRAYO que lle enviei por Carlitos ABRAIRA (que por defecto do carbónico estaba borrosa– lle remito outra mais clara), na misma lle digo a Don Ramón que vostede lle pedirá a parte que falta do traballo de el, rógolle polo tanto facelo axiña para gañar todo o tempo que se poida.-
Na devandita carta digo que vaixo a miña responsabilidad económica está autorizado por min para resolver todo o necesario para a impresión de a Historia de Galicia –confirmolle a vostede o que lle escribín a Don Ramón, e convimos personalmente na sua casa, esto é –que lle ordene a Don Ramón ou conveña cos colaboradores desiñados ou outros, o que vostede considere necesario para a termiñación da obra.-
En canto os materiaes no seu poder –colaboraciones, debuxos e mapas– proceda tamén con toda libertade –o que non lle guste desbóteo– e co que sirva proceda a facer imprimir os primeiros tomos contratando como mellor lle pareza, é avisándome solamente para abonar as cuotas que vostede conveña.-
Respecto a o que falta do traballo de Don Ramón –fíxose aquí toda a búsqueda infrutuoxamente, en canto o mapa de Galiza veremos si o encontra SEOANE.-
Repasei a carpeta de correspondencia que teño de Don Ramón en procura de algún dato que poida interesarlle a vostede, e me decido a enviarlle as cartas orixinales que coido de intrés, así como copias de algunhas miñas, que lle rogo conservar para tornalas o meu arquivo cando vostede decida.-
Termiño póndome a sua disposición para calquer aclaración etc que considere conveñente, con unha aperta do seu amigo e,

S S S Manuel Puente [sinatura autógrafa]