PROXECTO EPÍSTOLAS

----

8 MENCIóNS A Ricardo Muñoz Suay (1917-1997)

Director de cine, produtor e guionista. Membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas, así como de numerosos xurados internacionais en festivais como os de Venecia, Bérgamo, San Sebastián e Valencia. Tamén colaborou en medios especializados en cine como Cuadernos del Norte, Cahiers de la Cinematheque, Cahiers du Cinéma, Fotogramas e Destino.
Epístolas
Mencionado/a [8]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1949-09-05 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1949
Rentería
Orixinal
1951-03-01 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1951
Rentería
Orixinal
1951-10-23 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1951
Rentería
Orixinal
1951-12-22 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1951
Rentería
Orixinal
1952-08-02 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1952
Rentería
Orixinal
1954-01-31 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1954
Rentería
Orixinal
1954-09-07 Mencionado/a
Carta de Mitxelena a Piñeiro. 1954
Rentería
Orixinal
1959-05-04 Mencionado/a
Carta de Piñeiro a Seoane. 1959
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1959 en 04/05/1959

Compostela, 4-V-59

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido Seoane

Recibín, hai tempo, o teu fermoso álbum Doce cabezas. Gostei moito dil. Millor dito: gosto dil moitas veces, pois cada vez que o amostro a algún amigo, teño ocasión de gozar de novo na súa contemplación. ¡Canto me alegraría de poder corresponder de algún xeito ós teus valiosos e xenerosos envíos! Naturalmente, quixera corresponder con algo persoal que poidese merecer o teu agrado. Confío en que poderei facelo.
Nistes días andan por eiquí os meus amigos Bardem e Muñoz Suay (contra o que algúns pensen, eu teño moi bos amigos no campo «progresista»), pois viñeron a filmar unha película basada nas Sonatas de Valle Inclán (na de Estío e máis na de Otoño). Ceamos xuntos algunha vez. Falamos de tí, pois Muñoz tiña recibido La Soldadera, enviada por Alberti, que é vello amigo seu.
Por Paco e máis por Domingo vou sabendo dos teus trunfos e proieitos. Tamén, moitas veces, por amigos de ahí que veñen ou pasan por eiquí. Por outra banda, a continua espansión da túa ademirabel forza de creación vai consolidando e universalizando a presencia da túa persoalidade espritoal. Esto é evidente. I eu sinto unha íntima e fonda ledicia ó comprobalo.
Unha aperta moi forte i a devota ademiración de

Ramón Piñeiro