Ricardo Carballo Calero con Otero Pedrayo

----

Juan Manuel Paz Nóvoa (1839-1895)

Avogado, político e escritor galego. Estreito colaborador de Manuel Murguía, sobre todo ao comezo da súa traxectoria, militou no republicanismo e foi afecto aos ideais reivindicados na denominada “Revolución Gloriosa” (1868). Inspirador da Lei de Redención de Foros (1873), foi o avogado defensor de Curros Enríquez no xuízo que seguiu á publicación de Aires da miña terra (1881). O epistolario de Paz Novoa con Murguía achega datos esclarecedores sobre a personalidade e a obra de Rosalía: desde a recepción de Cantares gallegos á datación de Follas novas (Barreiro Fernández 2012: p. 203 e 192), pasando por observacións da vida cotiá, como as dúas cartas nas que enxalza senllas empadas de peixe que lle foran enviadas pola escritora (Cartas I, núm. 431, p. 448; Cartas I, núm. 543, p. 546). Paz Novoa, tamén correspondente directo de Rosalía de Castro, foi o principal enlace entre Manuel Murguía e o político Emilio Castelar, que chegaría a prologar o libro Follas novas (1880).

Fonte
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.


1 Mencionado/a [3]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1959-01-17 Mencionado/a
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1959)
Ourense
Lugo
Orixinal