PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [4]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1964-12-20 Mencionado/a
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Nova York
Vigo
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964 en 20/12/1964


Vigo 20/12/64

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Montevideo 1985, p. 13, dpto. 68
BUENOS AIRES

Querido Luís:

Aínda que non tuven vagar para poñerche unhas liñas quero agora informarte que o asunto da importación dos cadros vai por bon camiño. Conto ter n-estes dias a licencia. Preparéi a documentación a través da Delegación Regional do Ministerio de Comercio en Vigo, mais ten de resolver Madrid. Debe facel-o axiña, e mandaréi a licencia a Monfort, o axente de Barcelona, pra que faga o despacho. Non se pagan dereitos arancelarios. A tasa que cobran pol-a licencia xa foi eiquí pagada. De calquera xeito, se o Axente pasa algunha conta abonareilla.
Seguimos traballando na orgaización do Banco. Vai bastante adiantada. Un grupo de emigrados no Mexico cubre unha parte importante do capital accións [sic]. Temos outras aportacións fortes, e moitas mais modestas. Eu quixera levar ao Consello elementos de forte formación galega, a ser posibele cheos de esprito novo, pra asegurar ben a solidaridade futura d-acción a desenvolver c-o pensamento que ven presidindo a fundación. Penso que, chegado o intre de por en marcha a Institución, teremos que asociar a algún artista.
Por certo que o novo Alcalde de Vigo –Rafael J. Portanet–, disponse a convertir a Castrelos no Museo de Pintura Galega Moderna. Dínlle a ideia, e até lle fixen un esquema. Teño certa espranza de que leve adiante a ideia, e si o fai teremos que o axudar, esquecendo outras irrevocables reservas. Ainda sabendome nada afin, escoitame moito, e penso que ten condicións executivas.
Teño novas recentes de Isaac. Visitóume n-estes dias un empregado que volta de Magdalena. Hei de lle escribir axiña. Onde visitéi no Faro a Landeira, que veu do Brasil, nomeado Redactor-Xefe. Cerezales voltóu a Madrid, onde a transformar o Alcazar.

Pra Maruxa e pra tí nosos mellores votos no Nadal e Ano Novo, que conmigo fan Pilar e Alfonso, co-a mais forte aperta do sempre teu incondicional,

Valentín

1968-01-30 Mencionado/a
Carta de Rodríguez de Prada e Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1968
Vigo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Rodríguez de Prada e Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1968 en 30/01/1968

Vigo 30, 1, 68

Queridos Maruja y Luis:

Desde que Valentín llegó, todos los días hacía propósito de escribiros, pero se quedaba en propósito.
Antes de nada quiero daros las gracias por vuestro obsequio que me gustó mucho. Siempre tan cariñosos y atentos con nosotros.
Valentín me dijo que seguramente Luis hará el mural en el edificio que están haciendo aquí en Veiramar. Esto quiere decir que os tendremos pronto por aquí, y naturalmente como tendréis que estar en Vigo, nos veremos más, pues cuando estáis en La Coruña, por unas cosas y otras, casi no nos vemos.
Este invierno lo estamos pasando en Samil, también está mi madre con nosotros y yo mucho más tranquila que cuando está en San Miguel que siempre pienso que pueda pasarle algo. El invierno no puede ser mejor, para pasarlo aquí, durante el día el sol es tan estupendo, que parece verano.

Mi abrazo con todo cariño de

Mª Pilar

Querido Luís:

Supoño que Isaac xa terá informado de que o alcalde de Vigo falóume de comprar un lote de cadros teus e outro d-il. Ten xa en deposito 8 de Colmeiro, que tamen mercará. Debes lembrar que de todo este programa xa se tratara antre nos hai meses, cando compróu os de Laxeiro. Estóu agardando que Colmeiro conteste pra chamar de novo o Alcalde, e tratar rematar a operación. Cecais teñamos que facer en Vigo unha exposición dos teus cadros –idea de Isaac–, senon consigo levar o Alcalde ao Castro, que é difícil. Supoño que dos precios xa terá idea o noso xigante comprimido. Con estas adquisicións o Museo de Pintura Galega Moderna xa estaría en bo camiño.
C-os do mural ainda non puden falar. Non sei se che mandaron foto e medidas, ainda que sospeito que sí.
Pol-o d-agora, mais nada.

Apertas cordiaes de

Valentín

1968-02-20 Mencionado/a
Carta de Seoane a Paz Andrade. 1968
Bos Aires
Vigo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Paz Andrade. 1968 en 20/02/1968


Buenos Aires, 20 de Febreiro de 1968

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Querido Valentín:

Recibín a tua carta de 3 de Xaneiro na que me falas do propósito do alcalde de Vigo. Tí e mais Isaac podedes dispoñer das miñas cousas pra isto. Do frigorífico recibín as fotografías mais non me remitiron as medidas. Escribinlles fai tempo e non contestaron. Escribín ao xerente, e, sin as medidas, non podo proieitar nada. Fíxeno ao mesmo tempo que a tí sobor desto. Enviádeme as dimensiós das paredes pra poder ir matinando no que teño de facer. Eiquí están programando, os nosos, uns ridículos xogos froraes pra este ano. É cousa de Valentín Fernández. Conviña facer algo pra evitalo. Vai ser un disparate, cursi e fóra de época. Mais orixinal e popular tería de ser un xuicio de Dios entre Valentín Fernández e Mourente. Penso que si viñesen algunhas cartas ou notas sensatas de ahí resolveríase o problema. Polo demáis todo está o mesmo, os problemas coleitivos esquecidos polo vran y eu traballo illado na miña casa. Teño a grande eisposición retrospeitiva en Xulio e logo debo facer outra en Lima invitado pola Universidade. En Bonn inauguro no Museo o dia 5 de Marzal que remata o 4 de abril. Laxeiro traballa moito coidando estar nesa nos primeiros días do mes de abril pra expoñer en Biosca. Isto é todo.
Escribe e fai que me remitan as medidas do muro. Agradézoche moito as túas xestiós polos cadros. Unha gran aperta pra Pilar e pra tí e pra Alfonso de Maruja e miña:

[Seoane]

1968-05-29 Mencionado/a
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1968
Vigo
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Paz Andrade a Seoane. 1968 en 29/05/1968


Vigo, 29 de mayo de 1968

Sr. D.
Luis SEOANE LÓPEZ
Montevideo, 1985 - piso 3º dep. 68
Buenos Aires

Querido Luis:

Fai meses que teño pendente de resposta a tua derradeira carta. Demorei contestala por ter conocimento de que o Xerente de “Frigoríficos Berbés S.A.”, enviouche un plano da fachada onde debe colocarse o mural coas medidas. Como o resto está xa rematado, hoxe pedinlle unha nova foto que ordeará facer, onde o espacio reservado pra o teu arte fica con cara de cemento.
Tamén motivou a demora, a promesa do Alcalde renovada varias veces xa, de ir conmigo un día ao Castro pra mercar un lote dos teus cadros e outro dos de Isaac. Como e home tan ocupado ainda non pudo dispor de unhas horas pra facer o viaxe, mais sigue no mesmo pensamento. Derradeiramente mercoulle 4 oleos a Torres e 12 a Colmeiro. Todo o de Maside será depositado tamen en Castrelos. Consigueu ademais 6.000.000 de ptas. pra construir un novo edificio proximo ao Pazo, adicado totalmente a Museo.
Con Isaac estuven o dia 24, con motivo d-unha conferencia que din na Cruña, onde se ven celebrando un ciclo orgaizado pol-o Instituto Cornide. Sei que editou dous libros mais, un adicado a ti. Aínda non-os recibín.
Supoño que pensarás no pensamento de voltar en Octubre. Denantes deberías mandar si podes o proyecto do mural.
No Correo Gallego de Santiago, publicóuse o teu parrafeo sobre Fuentes Jorge pol-a Radio. Fixome lembrar os meus tempos, nos que tamen frecuentaba a Libreria de Rubial.
Laxeiro e Failde fixeron derradeiramente en Madrid dos exposicións [sic], verdaderamente extraordinarias. Failde vendéu moito. De Laxeiro sei de algunha venda, mais non teño toda información sobre éste punto.
O meu libro de poemas editarase na colección Salnés. Levará pol-o tanto a portada que levan os outros libros xa pubricados.

Coas nosas millores lembranzas pra Maruxa que Pilar e Alfonso manda tamen pra tí, recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicioal amigo enteiro e verdadeiro,

Valentín