PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A Emilio Alarcos (1922-1998)

Filólogo, catedrático emérito da Universidad de Oviedo e membro da Real Academia Española e da Academia de la Lengua Asturiana.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-02-21 Mencionado/a
Carta de Piñeiro a Seoane. 1972
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1972 en 21/02/1972

Compostela, 21-II-72

Querido Luis:

Hoxe póñoche dúas liñas apresuradas para informarte de unha boa noticia: xa temos catedrático titular de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Compostela. Na semana pasada celebráronse en Madrid as oposicións, que Ricardo Carballo Calero ganou brillantemente. Eu asistín aos exercicios –e moitos amigos– e resultaba emocionante. Tres dos exercicios foron en galego. O tribunal estaba formado por Moralejo, Moreno Báez, Zamora Vicente, Alarcos e Filgueira como presidente (por renuncia de Dámaso Alonso).
Saúdos garimosos a Maruxa e de Isabel para os dous. Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón


Como o Carballo é amigo teu, por si lle queres escribir, mándoche o enderezo:
Carrera del Conde 4, 1º
Santiago de Compostela