PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A María Luisa Sobrino Manzanares

É catedrática de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolveu liñas de investigación orientadas á arte contemporánea (escultura, pintura e deseño gráfico), tanto no ámbito galego como no internacional. É autora e coautora de numerosas publicacións relativas á historia da arte galega e a estética contemporánea.

Comisariou distintas exposicións: Presencias y Procesos (1989); El proceso abstracto. Artistas gallegos 1950-1979 (1993); Incidentes. Seis visiones europeas (1995); De Asorey a los noventa. La escultura moderna en Galicia (1997); El cartelismo en Galicia (1999) e Seoane y la vanguardia: sus maestros, sus amigos. Así mesmo, dirixiu diversas iniciativas arredor do ámbito da edición, da dirección de cursos monográficos e de proxectos de catalogación sobre os fondos institucionais, así como proxectos de investigación orientados cara ás novas tecnoloxías.

Foi coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas ata 2016.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1978-03-06 Mencionado/a
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1978 en 06/03/1978

Vigo 6-marzo 1978
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Acabo de recibir as tuas liñas do día 28 do pasado mes. Alégranos moito que a gripe que te colléu no viaxe se resolvese ben e axina. O importante é que, coma sempre, sigas a traballar co mesmo entusasmo.
De Prada hai unha chea de tempo que non sei nada. Tamén é certo que eu me volvín moi preguizoso pra escribir cartas, e estóu en deuda con el. Sería moi interesante que atendese as suxerencias que lle fixeche sobre os dibuxos de Castelao e de Federico Ribas, pois compre ir recuperando pra Galicia todo o que se poda do que anda esparexido por ahí fora.
Isaac non me falóu nada en concreto sobre a idea de reconstruir o Seminario de Estudos Galegos, inda que se trata dunha idea que sempre acariñou. O que sí me dixo foi que, coincidindo coa inauguración da nova galería de Sargadelos en Santiago, vai adicarlle un homenaxe de recordo a aquela institución. Proxecta editar un volume con traballos dos membros do Seminario que sobreviven. A min pediume colaboración.
O problema da Xunta sigue o mesmo que cando tí te fuches. Planteouse o problema da presidencia, e os parlamentarios da UCD propuxeron a Pío. Pero este nome suscitou unha gran oposición, incluso entre os seus correlixonarios galegos. O caso é que o decreto de preautonomía está aínda por promulgar. Fálase de que nestes días haberá visitas a alto nivel pra presionar a súa posta en marcha. Veremos o que ocurre, pois parece que, unha vez resolto o de Cataluña e Vasconia, o demáis non lles corre presa.
Hoxe mesmo mándoche certificado por avión un exemplar do nº 56 de Grial que me pides, e outro do nº 59 –que mandéi preparar para tí, pois non sairá do prelo até fins de semana– porque nel figura un traballo de Mª Luisa Manzanares sobre o teu arte.
E nada máis che teño que contar polo momento. Garimosos saúdos a Maruxa, de Evelina pra os dous, e pra ti a cordial aperta de sempre de
Paco