PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A Juan Soto

Xornalista, amigo de Ánxel Fole co que colaborou en diferentes publicacións como en Cuentos para leer en invierno onde realizou o prólogo e a traducción. Foille concedida a medalla de Galicia en 1998.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1973-09-28 Mencionado/a
Carta de Fole a Seoane. 1973
Lugo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fole a Seoane. 1973 en 28/09/1973


Lugo, 28 de setembro de setenta e tres

Señora doña María F. de Seoane. A Cruña.

Miña estimadísima Maruxa:

Quedeime dunha peza cando lin a túa carta. Doíme moito de ise aicidente. Está visto que hai que contar sempre ca chamada “agresión do ausurdo”. Procuraréi, na vindeira semá de vos facer unha visita. Xa me dirás na túa resposta cándo deixades o sanatorio de Santa Teresa.
Hoxe mesmo faléi cos donos da librería Alonso, os irmaos Alonso, e quedaron de vos escribire hoxe mesmo. Mais a propaganda da Eisposición de Luis debédesma de mandare a min, por mor de
facel-o Catálogo.
Pró domingo sairá no Progreso o anuncio da Eisposición, que os mandaréi o mesmo día.
Penso que o día máis de xeito pra inauguración será o día cinco, día de San Froilán. O domingo seguinte, día sete, o chamado “Domingo das mozas” é o día de Festa Maior das Feiras e Festas do bendito San Froilo.
O Cilistro está ainda en Palma de Mallorca. Cando volte, xa escribirá un artigo sobre o acontecemento. Outro tanto fará Juan Soto cando volte de Madrid, un día calisquer d-istes.
Teño a seguridade que Luis se “recuperará” axiña da creba da perna, e folgareime moito de vere andar pol-o seu pe na túa compaña. E supoño qu-os teus hematomas non terán ningúa importancia, o que se di.
A máis longa aperta prá Lois ias miñas mais agraimosas lembranzas pre ti.

Anxel