PROXECTO EPÍSTOLAS

----

0 MENCIóNS A Luís Tobío Campos (1861-1943)

Neto de Josefa Martínez Viojo, irmá do pai de Rosalía de Castro. Estudia Maxisterio na Escola Normal de Santiago e despois vai a Madrid para graduarse na Escola Normal Central, onde ten profesores da Institución libre de Enseñanza. Despois de exercer en varias localidades de Galicia chega a Viveiro en 1892, onde comeza a desenvolver unha intensa actividade docente e cultural. Foi correspondente da RAG e escribiu poemas e artigos sobre diversos temas e autores. En 1915 trasládase a Santiago como profesor da Escola Normal. Cando lle escribe a Rosalía xa publicara unha Colección de Cantigas da Mahía (1880), e o seu interese pola cultura galega explica en parte ese intento de recuperar a relación familiar coa autora, quen non puido facer a visita prometida polo empeoramento do seu estado de saúde, tal como lle comunica noutra carta Alejandra.

Fontes
[s.a] (1974) “Tobío Campos, Luís”.Gran Enciclopedia Galega. Vol. 29. Gijón: Silverio Cañada Editor, p. 88.
Tobío, Luís (1994). As décadas de T.L. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro.

Epístolas
Destinatario/a [2]
Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]