4 MENCIóNS A Guillermo de Torre (1900-1971)
Crítico literario, ensaísta e poeta español. Identificado cos movementos de vangarda da primeira metade do século XX, foi un dos impulsores do Ultraísmo. Despois da publicación dos poemas ultraístas en Hélices (1923), orientouse definitivamente ao cultivo do ensaio literario, no que destacou como comentador do fenómeno estético vangardista. Foi colaborador habitual da Revista de Occidente, Sur e El Sol, e fundador, xunto con Giménez Caballero, de La Gaceta Literaria (1927) e, xunto con Pedro Salinas, de Índice Literario (1932).En 1928, casou coa pintora Norah Borges, irmá do escritor Jorge Luis Borges, e trasladouse a Bos Aires. Na capital arxentina colaborou nas páxinas de Gaceta Americana. Publicou tamén Problemas estéticos de la nueva generación española (Bos Aires, Humanidades, 1928) e Itinerario de la nueva pintura española (Montevideo, 1931), textos característicos da súa reflexión durante os anos seguintes ao Ultraísmo.
Entre 1932 e 1936, Guillermo de Torre e Norah Borges residiron en Madrid. En 1936, pouco antes de estalar a Guerra Civil española, o matrimonio foise a París, antes de instalarse definitivamente en Bos Aires. Foi colaborador da revista Sur, fundada por Victoria Ocampo, cuxo comité de redacción integrou. En Bos Aires publicou tamén numerosos ensaios sobre literatura e participou activamente na Editorial Losada. Alí dirixiu a edición das Obras completas de Federico García Lorca. Logo da caída do peronismo foi designado, primeiro, profesor de Estética na Universidad Nacional de Rosario e, despois, por concurso, catedrático de Literatura Española III na Facultad de Filosofía y Letras da Universidad de Buenos Aires. Neses años publicou: Literaturas europeas de vanguardia (1925, reeditado e ampliado en 1965), La aventura y el orden (1943), Las metamorfosis de Proteo (1956), El fiel de la balanza (1961) e Tres conceptos de la literatura hispanoamericana (1963). Quedou case cego coma Borges, o seu cuñado.
Remitente [1]
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
1949-00-00 | Mencionado/a | Carta de Cuadrado a Luís e Maruxa Seoane. 1949 |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Cuadrado a Luís e Maruxa Seoane. 1949 en 00/00/1949
|
|||
1952-01-24 | Mencionado/a | Carta de Seoane a Dieste. 1952 |
Bos Aires | Cambridge [nac. Inglaterra] |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Seoane a Dieste. 1952 en 24/01/1952
|
|
1952-08-04 | Mencionado/a | Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1952 |
Vigo | Bos Aires | Orixinal |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1952 en 04/08/1952
|
1978-10-30 | Mencionado/a | Carta de Díaz Pardo a Seoane. 1978 |
Sargadelos | Bos Aires |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Díaz Pardo a Seoane. 1978 en 30/10/197830 de octubre de 1978 |