Epistolario de Ramón Otero Pedrayo

----

José Varela de Montes (1796-1868)

Médico compostelán do século XIX, compaxinou a práctica clínica e asistencial coa investigación académica e o desempeño de distintos cargos e distincións. Estivo vinculado á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, da que foi secretario e presidente. Exerceu como Decano da Facultade de Medicina, como director da Escola de Prácticas de Clínica e como catedrático de Medicina Clínica. Desde o ano 1827, foi titular do Hospital Real de Santiago, circunstancia que lle outorgará un papel decisivo na biografía de Rosalía de Castro: Varela de Montes pasa por ser o médico que atendeu o parto de dona Teresa Castro e unha das persoas presentes no bautizo de súa filla. Segundo o testemuño de Gala Murguía, Teresa Castro morreu nas escaleiras da súa casa, despois de ir facer un recoñecemento médico. Considerado por Otero Pedrayo o principal médico humanista de Galicia, Varela de Montes tivo un papel destacado na epidemia de cólera do ano 1854, que deixou abondosas pegadas na obra de Rosalía de Castro.

Fontes

Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Otero Pedrayo, Ramón (1952). El Doctor Varela de Montes, médico humanista compostelano del siglo XIX. Santiago de Compostela: CSIC, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (Anexo VII dos Cuadernos de Estudios Gallegos).

Referencia web:

Fraga Vázquez, Xosé A. e Dosil Mancilla, Javier ([2012], “José Varela de Montes”. Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. link (consulta 3-2-14)
3 Mencionado/a [4]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1945-09-19 Mencionado/a
de Ramón Otero Pedrayo, a Antonio Fraguas
Orixinal
1946-11-09 Mencionado/a
de Ramón Otero Pedrayo, a Antonio Fraguas
Orixinal
1947-01-29 Mencionado/a
de Ramón Otero Pedrayo, a Antonio Fraguas
Orixinal