1 MENCIóNS A Salvador Velayos (1908-1997)
Físico e investigador. Era fillo do director do Instituto de Lugo, Salvador Velayos González, e neto de mestres. Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas e no Instituto desta cidade. Posteriormente, en 1924 foi estudar Ciencias Físicas en Madrid. Foi discípulo de Moles, Duperier e Cabrera, con quen estivo de bolseiro no Instituto Nacional de Física y Química. Fixo varias viaxes a centros científicos de Alemaña pola súa conta. Tamén disfrutaría dunha bolsa para ampliar estudios en Múnic (Guerlach) en 1934, concedida pola Fundación Conde de Cartagena, xestionada pola JAE. Actualmente leva o seu nome o Instituto de Magnetismo Aplicado que rexenta RENFE e a Universidade Complutense de Madrid, en lembranza da súa figura científica.Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
1949-12-17 | Mencionado/a | Carta de Piñeiro a Seoane. 1949 |
Vigo | Bos Aires | Orixinal |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1949 en 17/12/1949 Vigo, 17-12-1949 |