PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [1]
Remitente [2]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1980-12-23 Mencionado/a
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1980.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1980. en 23/12/1980

Montevideo, nadal 23 de 1.980

Siñor Don:
Luís Tobío
Bonetero, 5
MADRID.-(España)

Benquerido Tobío:
No seu tempo recibín a sua afeutuosa carta do 27 de outubre ppdo., e os dous exemprares da sua traducción dos "Sonetos a Orféu", como eisí tamén o seu saudo pra "Sempre en Galicia".- Por todo elo moitas gracias, sobor todo pola sua amical dedicatoria.- Canabal supoño xa lle terá acusado recibo o exemprar que me mandóu pra íl.-
Non lle contestéi denantes por que estiven doente internado no sanatorio da "Casa de Galicia", unha fístula operada en xunio e que aínda non tiña cedido, houbo necesidade de outra pequena intervención quirúrxica que, dispóis, compricouse con un probrema prostático, felizmente superado sin operación.- Xa me sinto como novo, "xoven" e con azos pra seguir na loita pola vida ...
Antonte o noso pobo decidéuse pola autonomía, non con moitas ansias.- Elo e moi lamentabel, pois si o estatuto votado ten imperfeciós, penso que sempre habrá tempo pra reformalo é que elo e millor xa tendoo aprobado que non correr o risco de outros cinco anos máis pra unha nova votación.- Saíu, i elo, a quenes vimos loitando por conquerir pra Galicia unha autonomía que a libere da sangría da emigración e dunha economía dirixida dende Madrid, siñifica un trunfo a pesares da indefrencia amostrada na votación.- Que sexa pra ben, e a xeñeración vindeira reciba de nós unha Galicia farturenta en todolos órdenes.-
Fágoo enteirado do pasamento de Alonso Ríos e do benquerido amigo Prada.- Ista perdeda doeume moito, sobor todo a de Prada, a quen estiven cinguido en amistade e galeguidade por máis de medio século.- Entros documentos importantes sobor de Galicia que deixóu atopouse os orixinaes de "Sempre en Galicia", cunha disposición de que "foran pro museu ou biblioteca que en Galicia se destiñe a recordar a memoria de Castelao".- O fillo, que foi quen me informóu, díme tamén que lle escribéu a un curmán que ten en Galicia, o inxeneiro Lama Prada, pra que falase cos amigos do pai –Piñeiro, García Sabell, Paz Andrade etc.–, pra que estudien ou dispoñan donde depositalos pois dí que a íl, que radica en Chile dende fai moitos anos, faiselle dificil gardalos coa seguridade que esixe un documento de tanta importancia e trascendencia.-
O seu saudo pra "Sempre en Galicia" xa foi dado a conocemento dos nosos ouvintes.-Espero que, cando teña vagar, nos recorde con outro traballo.-
Boas festas de Nadal e ventureiro ano 1.981 pra sua dona cos mes afeutuosos saudos é pra vosté con unha agarimosa aperta do seu decote amigo,
Meilan [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita ao final da carta asinada por Chela [muller de Manuel Meilán]:
Sra. María del Carmen: como le informó Manolo le habíamos hablado a sus primos. Hoy íbamos a hacer lo mismo para darles noticias de ellos; pero se adelantó y fué él que lo hizo, están bien y nos reiteró que luego de estos días de calor le gustaría que fuéramos a su casa para ver las fotos de sus viajes. Nos han sido simpáticos y con gusto iremos a verlos. Espero que estén bien de salud y que pasen estas fiestas con felicidad y que el 81 sea de dicha. Saludos para su esposo e hijos y para Ud. un abrazo de Chela [sinatura autógrafa]