PROXECTO EPÍSTOLAS

----

2 MENCIóNS A Rosa Puente (1930-)

Epístolas
Destinatario/a [1]
Mencionado/a [2]
Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1985-03-21 Mencionado/a
Carta de José B. Abraira a Lois Tobío Fernández, 1985.
Bos Aires
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de José B. Abraira a Lois Tobío Fernández, 1985. en 21/03/1985

Buenos Aires, Marzal 21 de 1985

Sr. Dn.
Luis Tobío
Bonetero 5
Madrid

Mui estimado amigo e dilecto irmao:
Por fin acadei noticeas suas; fai tres anos tratei de velo en Madrid e non puiden atopalo. O ano pasado, cando fun acompañando os restos mortaes de Castelao, pensei atopalo en Galicia: crein que a Xunta invitaría de xeito especial as primeiras figuras do galeguismo historico. Non invitaron a naide; agás Martinez Lopez, todos os demais como Paz Andrade, del Riego etc. estaban mesturados ca muitedume. Isa e a Autonomía que nos tocou en sorte.
Creo que onte mesmo escribiulle a Vde. a filla de Dn. Manuel Puente. Fai un tempo apareceron nos escaparates das librerias de Bs. Aires exemprares de unha nova edición da Historia de Galiza que en Montevideo estivera a cuidado de Vde. E di mui campante "con licecia de los herederos de Dn Manuel Puente". Sorprendida Rosita falou conmigo e eu dixenlle que se dirixira a Vde, pois a edición ten pe de imprenta en Madrid. Permitinme esta molestia a Vde por ser conocedor do problema; e eu persoalmente ei de agradecerlle vexa e aconselle o que debe facerse.
Según puiden saber en Galicia está Vde. un tanto ao marxen das liortas e seitores do quefacer politico do galeguismo, puiden notar que sigue gozando do prestixio que sempre mereceu entre os "bos e xenerosos" incluso lamentaban non estivera vostede en Galiza muita xente nova: estudantes etc...
E por hoxe ren mais querido Don Luis; presente os meus saudos a sua dona e Vde reciba unha aperta de quen o segue considerando mestre.

Abraira [sinatura autógrafa]

1985-05-13 Mencionado/a
Carta de Lois Tobío Fernández a Xosé B. Abraira, 1985.
Madrid
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Xosé B. Abraira, 1985. en 13/05/1985

Madrid, 13 maio 1985

Querido Abraira:
Recebín a sua carta polos mesmos días de que a de Rosa Puente. Nada máis puiden averiguar eiquí encol do choio que vostedes xa non soupesen. Hoxe mesmo contestolle aconsellándolle que se dirixa a Akal pedindo unha explicación do feito, sen dúbida estrano e sospeitoso. Segundo o que conteste asín haberá que proceder.
As cousa de Galicia non van atal como ún as quixera, mais eso dase sempre e hai que conformarse. De todos xeitos, moito é o que se ten avantado e eu teño a espranza de que, paseniño, vaiamos acadando cotas pouco pouco máis altas. Un destes días irei alá para o do Pedrón de Ouro, cuio Pergamiño me deron o ano pasado. O principal é non perder os azos e seguir loitando. O noso camiño nunca foi de rosas.
Moito agradezo a suas garimosas frases e lembranzas. A miña dona agradez os seus saudo e mándallos moi afectuosos. Unha boa aperta.