PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1967-09-22 Mencionado/a
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1967.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1967. en 22/09/1967

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 22-setembre-1967

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Fai unha chea de tempo que nada sei de ti, nin direita nin indireitamente. Pesie á maior prosimidade, seguimos máis incomunicados que cando estabas en Montevideo.
¿Qué é da tua vida?
Escríboche agora istas liñas pra tratar do terceiro tomo da "Historia de Galiza". Dixéronme Prada e Don Manuel Puente que ti te encarregarías da edición, como fixeche cos outros dos volumes.
O texto do tomo xa está rematado. Abrangue 362 folios, mecanografiados sobre o orixinal manuscrito que deixou Cuevillas, e 90 máis que escribíu Xesús Taboada Chivite como apéndice e posta ó día. Hai tamén fotos e dibuxos prá ilustración. Pero sería comenente que ti dixeses sobre pouco máis ou menos, a cantidade deles que se necesita.
Si aínda estás disposto a te facer cárrego do traballo, escríbeme decíndome o que debo facer. ¿Queres que che remese xa o material, ou tencionas faguer antes algunhas xestiós nas imprentas, recabando presupostos, etc.? Fico pendente das tuas novas.
¿Por qué non me envias algún traballo teu pra "Grial"? Algo has ter por ahí que servirá pra publicar na revista.
Garimosos saúdos meus e da miña muller, prá túa e prós rapaces, e pra ti a cordial aperta de sempre, de
Paco [sinatura autógrafa]