Fondo de Valentín Paz-Andrade

----

Ricardo Carballo Calero (1910-1990)

Estudou dereito e Filosofía e Letras na USC onde se licenciou en 1936. Trala Guerra Civil foi condenado a cadea polo seu apoio á República. En 1941 saíu en liberdade regresando a Ferrol. Imposibilitado para exercer a función pública, entre 1950 e 1965 foi o Conselleiro Delegado do colexio Fingoy de Lugo. Membro numerario da Real Academia Galega foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado como o gran pensador do reintegracionismo.
5 Destinatario/a [89]
Mencionado/a [39]
Remitente [101]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1932-10-19 Remitente
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1932
Ferrol
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1932 en 19/10/1932

Ferrol, 19-X-32

Sr. D. Valentín Paz Andrade


Querido irmán:

Ignoro si obran no teu poder dúas cartas do Grupo Ferrolán do Partido, solicitando de ti a mercede de un mitin n-esta vila. O certo é que nin tí contestaches a esa petición nin Pontevedra â notificación oficial de constitución do Grupo.
Espero que de esta vez te molestarás en escribir dicindo cando pode ser eso, e con qué oradores podemos contar. Non pode faltar Picallo. Por min, que veñan os tres diputados. E de saber que falaría eu, e outro de eiquí faría a presentación. Creo que nos debedes proporcionar non menos de tres oradores. Castelao caería moi ben. O outro podes ser tí mesmo, ou Bóveda, ou quen querades.
Decatádevos do intrés que ofrece a conquista de Ferrol, colonia castrense de Castela, ulster e Gibraltar galego, quinto reino de Andalucía, etc, etc, etc. Xa veríades que o Grupo se move, pero apenas hai máis orador que eu, e diñeiro ningún. Non nos esquezades, ou nos pasaremos a Álvaro.
Ocurre que eu fun n-outrora Director de Prensa da FUE, pol-o cal facía «Scholarum». Dende entón, o Pueblo Gallego envíaseme gratuitamente. Pero como agora estóu en Ferrol, non o recibo, e o recibe a miña ex-patrona de Santiago, o que non é xusto. Rógoche que fagas a oportuna xestión pra que, si se empeñan en mandarmo, mo manden a Ferrol, Sinforiano López, 183,3º, e non a Santiago, Troya, 10 baixo; antre outras razóns porque en Troya non podo recibilo.
Espero que me responderás axiña, ante a ameaza de escisión. Escríboche ô Pueblo porque da túa direición somente lembro a verba «Urzáiz». Apertas.

R. Carballo Calero

1932-11-01 Destinatario/a
Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932
Vigo
Ferrol
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932 en 01/11/1932

[Vigo], 1 novembre 1932


Sr. Don Ricardo Carballo Calero
Ferrol

Querido Ricardo:

Ainda hoxe me foi entregada a tua carta do 19 derradeiro, dirixida a-o Pueblo. Das outras cartas non sei, pois é a primeira que recibo d-ese Grupo, despois das que teño escrito a Valerio, en resposta a outras d-él.
Da Segredaría de Propaganda encarregouse de novo Núñez Búa, a-o que trasladaréi a tua petición. Mellor será que indiquedes xa o día, e posto que vides desenrolando unha laboura dinámica, podedes orgaizar otro pol-a tarde n-un pobo perto d-esa vila. Dende logo conven que vaian a-o mitin Picallo e Castelao, e cecais Bóveda. Eu iréi na segunda tanda, pra outro que se orgaice.
Felicítovos cordialmente por esa actividade. Non agardabamos tanto, os que do Ferrol tiñamos conocimento antigo e certo. Adiante, pois.
Farei mañán a xestión que encargas pra a adeministración do Pueblo.
Lembranzas a todol-os irmáns d-ese puxante agrupamento e ti recibe unha forte aperta do teu sempre amigo e compañeiro


[V. Paz-Andrade]

1962-01-06 Remitente
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1962
Lugo
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1962 en 06/01/1962

Lugo, 6 xaneiro 1962

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Meu querido e vello amigo:

Non estranarás que, isolado como vivo, tardara en chegar a min a noticia do accidente que sofriches. Onte soupen de ti por quen te viu, e admiróu a tua resistencia física e moral perante a adversidade. As noticias que me dan son tranquilizadoras, pois pronostican unha rápida e total recuperación, malia a importancia das feridas. É o meu desexo que o prazo que te afasta da normalización completa da túa vida se acorte todo o posible.
Namentras, se en algo estimas o testemoio dunha antiga irmandade, non será ocioso que seipas que recibín con emoción a nova do teu accidente, e con ledicia a de que superarás enteiramente ise contratempo.
Unha forte aperta.

R. Carballo Calero

1978-08-22 Remitente
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1978
Santiago de Compostela
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1978 en 22/08/1978

Santiago, 22 agosto 1978


Querido Valentín:

Moitas gracias, moitas noraboas e moitas apertas por ....de enviar o teu fermoso libro ao vello amigo

1979-07-07 Remitente
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1977
Santiago de Compostela
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1977 en 07/07/1979

Santiago, 7-Xullo-1979


Moitas gracias, cordial felicitación e fraternas apertas co mellor ............ do teu novo libro, manda-che o teu amigo de sempre