Manuel Curros Enríquez (1851-1908)
Escritor e xornalista. Pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.A súa obra transcende máis alá da súa poesía e céntrase durante gran parte da súa vida no xornalismo. Prestixioso redactor de “El País” e a “Gaceta de Madrid. Despois dun regreso temporal a súa Galicia natal como funcionario de Facenda en Ourense, finalmente viaxaría a Cuba asentándose na súa capital, La Habana, onde funda o semanario “La Tierra Gallega” chegando a traballar tamén en “El Eco de Galicia” así como no “Diario de la Marina”.
Desde Cuba foi fundamental o seu labor en colaboración con Manuel Murguía e outros intelectuais galegos de un e outro lado do Atlántico para promover a constitución da actual Real Academia Galega da Lingua a través da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, da que foi elixido presidente-fundador.
1 Mencionado/a [16]
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
1957-06-29 | Mencionado/a | de Ramón Otero Pedrayo, a Antonio Fraguas |
Orixinal |