epistolarios

----

Camilo Álvarez de Castro (1806-1887)

Emparentado con Rosalía, este sacerdote e erudito formouse no Seminario de Ourense e mais nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, exercendo, nesta última, como profesor de Teoloxía. Participou en varias comisións provinciais para a conservación do patrimonio e a instrución primaria e exerceu diversos cargos eclesiásticos, particularmente o de cóengo na Catedral de Salamanca; por esa razón asinaba a súa correspondencia como El Chantre. A súa grande complicidade intelectual co matrimonio Murguía-Castro levouno a axudalos na venda dos seus libros e a colaborar na procura de datos eruditos para o Diccionario de escritores gallegos de Murguía, onde conta con entrada de seu como escritor. Murguía salienta que foi poeta en castelán e en galego e Rosalía de Castro dedicoulle o poema 18 de Cantares gallegos. Cando este poemario saíu publicado, Álvarez de Castro felicitou á autora cunha carta escrita no galego de Celanova, nun momento no que a correspondencia privada adoitaba escribirse en castelán. Nela narra a súa saudosa relación con Galicia, celebra a musa popular rosaliana e láiase da escaseza de literatura galega de exaltación nacional, como en Escocia e Irlanda así como o seu interese pola literatura oral. Consérvanse varias cartas súa dirixidas a Murguía.


Fontes
Ruiz de Ojeda, María Victoria Álvarez (1999). “A primeira carta en prosa en galego moderno: Camilo Álvarez de Castro escribe a Rosalía sobre Cantares gallegos (1863)”. Grial, n.º 143, p. 455-474.

Barreiro Fernández Xosé Ramón / X.L. Axeitos (2005). Cartas a Murguía. 2 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]