Waldo Álvarez Ínsua (1858-1938)
Xornalista galego, foi un dos máis significados representantes do rexionalismo na emigración a Cuba, onde residiu entre 1877 e 1898 e fundou o xornal El Eco de Galicia (1883). Unha vez retornado a Galicia, pertenceu á Cova Céltica e chegou a presidir a Liga Gallega da Coruña. Álvarez Ínsua deu varios testemuños da amizade que o vinculan ao matrimonio Murguía-Castro. Por mediación de Ángel Baltar, alcalde de Padrón, e Secundino García (que lle fixeron chegar un telegrama informándoo dos problemas económicos e de saúde de Rosalía de Castro), Álvarez Ínsua mobilizou o Centro Galego da Habana co propósito de recadar fondos a beneficio da escritora (Barreiro, p. 220). O intercambio epistolar entre Álvarez Ínsua e Murguía documenta asemade o apoio recibido polo escritor logo da polémica acollida do seu libro Los precursores, así como o financiamento do Centro para os proxectos historiográficos de Murguía. Tamén é nunha carta de Murguía a Álvarez Ínsua onde o home da autora dá por primeira vez noticia da súa vontade de que os seus orixinais sexan queimados á súa morte (Barreiro, p. 447).Fontes
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
- Fundación Luís Seoane [1]
- Epistolario de Rosalía de Castro [1]
- Hemeroteca: colaboración [5]; dirección [1]; fundación [1];
- Outros: Documento [2]; Imaxe. Fotografía [1]; Referencia bibliográfica [2]; retrato [1];
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
1884-02-04 | Destinatario/a | de Rosalía de Castro, a Waldo Álvarez Ínsua |
Padrón | A Habana |
Orixinal
Epístola de Rosalía de Castro, a Waldo Álvarez Ínsua en 04/02/1884 |
Transcrición
Transcripción da epistola de Rosalía de Castro, a Waldo Álvarez Ínsua en 04/02/1884Señor don Waldo A. Insúa - Habana. |