Evita Perón (1919-1952)Aparece en 0 epistolas
Actriz e política arxentina. Casou con Juan Domingo Perón en 1945 e trala asunción deste como Presidente, Duarte converteuse en primeira dama. Eva Duarte, fervente e combativa defensora dos dereitos sociais e laborais, ocupou un vencello directo entre Perón e os sindicatos. O seu populismo levouna a conectar cos sectores menos favorecidos de Arxentina. A súa morte foi un dos acontecementos máis multitudinarios da recente historia do país.