Proxecto Epístola

----

Xosé B. Abraira (1904-1997)

Fundador e dirixente da Irmandade Galega de Bos Aires en 1941, secretario e albacea de Castelao.
Epístolas
6 Destinatario/a [2]
Remitente [4]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1948-06-09 Remitente
de Xosé B. Abraira,de Manuel Ucha, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Xosé B. Abraira,de Manuel Ucha, a Lois Tobío Fernández en 09/06/1948

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé B. Abraira,de Manuel Ucha, a Lois Tobío Fernández en 09/06/1948

CONMEMORACIÓN DO XII ANIVERSARIO
DO ESTATUTO DE GALICIA
––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
SECRETARIA: CHACABUCO 955 T. A. 26. GARAY 1790
Comisión Orgaizadora*
PRESIDENTE
MANUEL UCHA (FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS)
SEGREDARIO:
JOSE B. ABRAIRA (IRMANDADE GALEGA)

PROSEGREDARIO:
ANTÓN SUAREZ DOPAZO (CENTRO BETANZOS)

TESOUREIRO:
JESÚS SINDE LOBATO (CENTRO ORENSANO)

PROTESOUREIRO:
MANUEL CANOSA (A.B.C. DE CORCUBIÓN)

VOCAES:
MANUEL PUENTE (IRMANDADE GALEGA)
JOSE BARREIROS (CENTRO ORENSANO)
RAMON MOUZO (FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS)
M. GARCIA NAIA (CENTRO CORUÑES)
MANUEL FERNANDEZ (CENTRO LUCENSE)
RAFAEL CABO (CENTRO BETANZOS)
JOSE CARBALLO (A.B.C. DE CORCUBIÓN)
ANTOLÍN DIOS,
JOSE FREIJEIRO (CENTRO PONTEVEDRÉS)
*

Buenos Aires, Junio 9 de 1948.-

Señor Luis Tobio Fernandez
Rondeau 2202
Montevideo

Teño o pracer de comunicarlle que co obxeto de commemorar o XII aniversario do plebiscito da autonomía de Galiza, ista comisión, integrada por representantes das entidades que figuran no membrete, ten en preparación un banquete que terá lugar o Domingo 27 do corrente as 12 e 30 horaas no salón a F. de S. Galegas, rua Chacabuco 947.-
Tamen ista comisión acordou invitar a Vde. especialmente a concurrir a iste aito que lembra a derradeira vontade do noso povo. Mais, se por calquer incomenente non puidese concurrir agradecerialle muito tivera a ben remitir a sua adhesión escrita ou telegráfica.
Esperamos prestará atención o pedido que lle facemos e prácenos saudalo co berro xurdio e patriótico

¡Terra Nosa!

José B. Abraira [sinatura autógrafa]
Secretario
Manuel Ucha [sinatura autógrafa]
Presidente

1985-05-13 Destinatario/a
de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira
Madrid
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira en 13/05/1985

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira en 13/05/1985

Madrid, 13 maio 1985

Querido Abraira:
Recebín a sua carta polos mesmos días de que a de Rosa Puente. Nada máis puiden averiguar eiquí encol do choio que vostedes xa non soupesen. Hoxe mesmo contestolle aconsellándolle que se dirixa a Akal pedindo unha explicación do feito, sen dúbida estrano e sospeitoso. Segundo o que conteste asín haberá que proceder.
As cousa de Galicia non van atal como ún as quixera, mais eso dase sempre e hai que conformarse. De todos xeitos, moito é o que se ten avantado e eu teño a espranza de que, paseniño, vaiamos acadando cotas pouco pouco máis altas. Un destes días irei alá para o do Pedrón de Ouro, cuio Pergamiño me deron o ano pasado. O principal é non perder os azos e seguir loitando. O noso camiño nunca foi de rosas.
Moito agradezo a suas garimosas frases e lembranzas. A miña dona agradez os seus saudo e mándallos moi afectuosos. Unha boa aperta.

1985-03-21 Remitente
de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Madrid
Orixinal

Epístola de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández en 21/03/1985

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández en 21/03/1985

Buenos Aires, Marzal 21 de 1985

Sr. Dn.
Luis Tobío
Bonetero 5
Madrid

Mui estimado amigo e dilecto irmao:
Por fin acadei noticeas suas; fai tres anos tratei de velo en Madrid e non puiden atopalo. O ano pasado, cando fun acompañando os restos mortaes de Castelao, pensei atopalo en Galicia: crein que a Xunta invitaría de xeito especial as primeiras figuras do galeguismo historico. Non invitaron a naide; agás Martinez Lopez, todos os demais como Paz Andrade, del Riego etc. estaban mesturados ca muitedume. Isa e a Autonomía que nos tocou en sorte.
Creo que onte mesmo escribiulle a Vde. a filla de Dn. Manuel Puente. Fai un tempo apareceron nos escaparates das librerias de Bs. Aires exemprares de unha nova edición da Historia de Galiza que en Montevideo estivera a cuidado de Vde. E di mui campante "con licecia de los herederos de Dn Manuel Puente". Sorprendida Rosita falou conmigo e eu dixenlle que se dirixira a Vde, pois a edición ten pe de imprenta en Madrid. Permitinme esta molestia a Vde por ser conocedor do problema; e eu persoalmente ei de agradecerlle vexa e aconselle o que debe facerse.
Según puiden saber en Galicia está Vde. un tanto ao marxen das liortas e seitores do quefacer politico do galeguismo, puiden notar que sigue gozando do prestixio que sempre mereceu entre os "bos e xenerosos" incluso lamentaban non estivera vostede en Galiza muita xente nova: estudantes etc...
E por hoxe ren mais querido Don Luis; presente os meus saudos a sua dona e Vde reciba unha aperta de quen o segue considerando mestre.

Abraira [sinatura autógrafa]

1985-02-28 Destinatario/a
de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira
Madrid
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira en 28/02/1985

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Lois Tobío Fernández, a Xosé B. Abraira en 28/02/1985

28 febreiro 1985

Sr. D. Xosé Abraira
Bs. Aires.

Meu benquerido e lembrado amigo e irmán: Un amigo de vde. entregoume a sua carta despois dunha conferencia que dei no Centro Galego desta vila encol da humanidade de Castelao. Sinto de veras non estar en Madrid cando vde veu pero dadoito pasamos os vrans fora de eiquí. Polo demais as miñas señas siguen sendo as que Vde. ten: Bonetero 5, 1º, 28016 Madrid, tel. (91) 458 19 67.
Sabe que en todo o que poida servilo estou á sua disposición, coma sempe, e aproveito a ocasión para mandarlle unha cordial aperta.

1984-09-23 Remitente
de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Madrid
Orixinal

Epístola de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández en 23/09/1984

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé B. Abraira, a Lois Tobío Fernández en 23/09/1984

Buenos Aires, setembre 23 de 1984

Sr. Dn.
Luis Tobio
Madrid

Mui estimado amigo e Irmao:
No mes de agosto, cando voltaba pra Arxentina despois de acompañar os retos de Castelao, quixen comunicarme con Vde. ahí na Capital do Estado, a donde fun especialmente pra falar con Vde
Fixen uso do telefono que me deran en Galicia, e non sei cantas xestiós mais e non puiden. Agora mandolle a presente pol-o meu amigo e bó patrióta - Enrique Albor somentes pra ver de localizar as suas senhas.
Escribireille logo pra pedirlle un-a "gauchada"; pero denantes quero saber ben o seu enderezo.
Ren mais por hoxe, espero saber as suas señas pra escribirlle. Mentras tanto presente os meus respetos a sua xente e Vde. reciba un forte apretón de mans.

José B. Abraira [sinatura autógrafa]
Teodoro Garcia 3535 -- Dp. 5
(1427) Bs. Aires-ARGENTINA

1984-08-24 Remitente
de Xosé B. Abraira, a Teresa Castelao, a Valentín Paz-Andrade
Madrid
Vigo
Orixinal

Epístola de Xosé B. Abraira, a Teresa Castelao, a Valentín Paz-Andrade en 24/08/1984

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé B. Abraira, a Teresa Castelao, a Valentín Paz-Andrade en 24/08/1984

Madrid, 24 agosto 1984

Sr.D. Valentín Paz Andrade
Policarpo Sanz, 22
Vigo

Benquerido irmao e amigo Dtr.Valentín Paz Andrade:

Adxúntolle fotocopia da carta de Dna. Teresa da que lle falei por teléfono. Tamén da que eu lle mandei acusando recibo.
Penso escribirlle novamente á señora Tereixa dende Bs. Aires, con vagar e con tranquilidade. Penso tamén porlle -como se di- os puntos sobor das ies, con detalles e demais do rol que me tocou a min e tamén a cada un dos que andivemos cerca do Guieiro. Xa o terei ao tanto mandándolle a Vde. fotocopia. Se vostede entendese que non debo facelo así indíqueme axiña e procederei como Vde. Aconselle. Neste asol escríbame axiña -hoxe mesmo, agora mesmo- pra eu recibil-a sua carta en Bs. Aires nos primeiros días de setembre que é cando eu lle escribirei á irmá de Castelao.
O de segredario de Castelao, Albacea e demais é cousa do periodismo. Eu nunca presumín de tal cousa. Varias vegadas -en Soutomayor, en Sargadelos e con periodistas- acrarei debidamente que eu non fun nin unha cousa nin outra. Como Vde. sabe o meu rol foi outro, acaso muito máis importante.
O libro de que a señora fala: No ano 50 estando Vde. en Bs. Aires, eu fun a Galicia; levei os tres primeiros exemprares do libro de Cruces. Un pra D. Ramón Otero, outro pra D. Jesús Carro (deste non estou mui seguro se foi pra il ou pra unha especie do Instituto que dirixía un señor amigo de Dn. Jesús) e outro para as irmás de Castelao. Iste das irmáns do Guieiro démonos conta aí que tiña catro ou seis páxinas repetidas, e tamén que faltaban algunhas como consecuencia. Así lle lo fixen saber; coas probas á vista- sobor do mesmo libro- a dona Tereixa e a finada irmá que creo chamábase Josefina. Quedamos alí mesmo que se lles mandaría outro. Pensábase entón en alguén que fose a Galicia. Teño pra min que fora ou Núñez Búa ou Dona Virxinia que o levarían. Penso que un dos dous levoullelo. Pol-o menos así o teño entendido. De todos xeitos o certo é que eu trouxen o exemplar de volta pol-as razós que lle deixo ditas. Pode tamén ser que todos –eu e os demais- nos esquencéramos. ¿que sei eu? ¡pasou tanto tempo! O máis probable é que a señora esqueceuse ou tenno perdido.
Como ve vostede o asunto é grave. O que esta señora di e o que pode deducirse do mesmo raia no canallesco. Estou realmente mui molesto. Craro que todo se debe ao mesmo: fan d-ela o que queren.
Eu nunca pensei que o que eu puidese decir nun mitin ou noutro sitio puidese ter tales derivaciós pondo en movemento tanta insidia e tanta pequenez como -pol-o que vimos- se move arredor deste asunto.
Espero as súas noticias. Interésame de modo importante a súa opinión e o seu consello. Vde. é conocedor das pequeneces que se manexan en casos como iste e saberá proceder como eu espero aconsellándome etc.
Mercedes manda lembranzas pra señora Pilar. Vde. reciba unha forte aperta do seu sempre amigo


Abraira



[Carta manuscrita co membrete:] Residencia Hotel Montesol / Montera, 25 y 27 / Telef. 2317600 / Madrid -14

Buenos Aires, 23 maio 1984



Sra. Teresa Rodríguez Castelao:

Mui respetable Sra.
Onte cando me dispoñía a partir de novo recibín a súa carta do día 20. Permítame señora que lle resposte dende Bs. Aires onde cheguarei nos primeiros días do proximo setembre.
Mentras tanto direille que endexamais afirmei que eu fose nin segredario nin albacea do meu admirado mestre; seu ilustre irmao. É cousa dos xornalistas que eu acrarei varias veces.
Sobor desta e d-outras cousas escribireirlle tan axiña como regrese ao meu domicilio habitual onde me porei ás súas ordes.
Saúdolle mui afectuosamente



Abraira


P.D. O meu domicilio Teodoro García, 3535
1427 Buenos Aires - Argentina