Proxecto Epístola

----

George Sand (1804-1876)

Unha das escritoras máis coñecidas do século XIX, converteuse no paradigma da muller e intelectual romántica que non se sometía ás restriccións impostas para as mulleres, nin na faceta intelectual nin persoal. A súa obra, moi popular e traducida de contado a outras linguas, foi obxecto habitual de censura eclesiástica en España. Nos seus escritos Rosalía de Castro refírese a ela como “novelista profunda” e considéraa un modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista. Nos textos nos que Rosalía fai explícita a vindicación da muller e da escritora, aparece mencionada como un referente. No prólogo a La hija del mar inclúese na xenealoxía de intelectuais e figuras históricas, maioritariamente femininas, que dotan de autoridade ás mulleres para ocuparse de labores intelectuais. En “Las literatas. Carta a Eduarda” cítaa como modelo senlleiro de escritora. Rosalía de Castro sinala de maneira particular Lelia (1833) e nunha das súas cartas salienta as semellanzas existentes e a súa novela El caballero de las botas azules e As damas verdes (1859) de G. Sand.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]